sábado, 12 de maio de 2007

de poesía

Pois, si, a miña vida non somentes xira entorno á socioloxía; fai uns meses tamén descubrín que hai artes que non se me dan mal de todo: refírome á poesía.

Estaba vendo un documental, deses de despois de xantar, non, non da "2", que hoxe é sábado, documental na "galega". Si, xa fai tempo que de resaca podemos ver algo decente e non "Encontros" recordades aquel programa, se se lle pode chamar, presentado por aquela muller, como diría eu.... diria eu.... non me sae nada positivo (co que é mellor deixalo). Ao caso, que, como non, ía de María Mariño e (como non, ten que haber un home detrás, parece que as mulleres non podemos estar presentes na historia sen unha figura masculina ao lado) Uxío.

Así que recordei a miña faceta poética nada vai pouco tempo; unha coincidencia de factores que vos contarei noutro momento. Porque agora quero (ou quería) poñer dispoñibles os dous poemas que escribín para o recital de poesía produto dun obradoiro impartido por Iolanda Castaño.

Digo quería, porque non sei como colgalos..., ah, xa sei poño un par de entradas e listo.

Escribín outro máis e teño varias ideas na cabeza (pelotazos, xoguetes, limpiadoras) e como me recomendaron varias voces, vou seguir escribindo cada vez que me veña iso que lle chaman inspiración. Esoutro, foi escrito para unha persoa moi especial (en xeral e para min) co que o seu uso xa queda nas súas mans, pero podédelo ver no seu blog que é zonadazanfona.blospot.com

Sem comentários: