sexta-feira, 4 de abril de 2008

Apreciacións

Gustaríame falarvos cada unha das reflexións que xurden cos paseos, así que vou axudarme de fotos con pequenos comentarios para que se faga máis ameno o asunto (que senón escribo moito). Seguro que me quedan cousas no tinteiro, pero aí vai un pequeno resumo do día de onte e de hoxe.

Ah, e perdoade a desorde... esta plantilla non se presta moito a grandes deseños, co cal está un pouco desorganizado.
























Non me puiden resistir mercalo; canto me impactou cando o vin no super; é que se chamara Morten ou así pasaría desapercibido, pero "Matilde"... Seica os daneses bébeno pola rúa (inda que tamén vin máis de un cartón tirado polas beirarúas nos seus diversos formatos). Gustaríame coñecer a historia deste cacao!






















Matilde "por detrás"!















A bici do carteiro









Recordades o sabor dos chicles de fresa? E os cromos nos que viñan envoltos? Tatoos de coelliños!


















O super Netto (o Día de aí) é un dos máis baratos de Aalborg (teñen sorte as rapazas). Nel atopei a maizena e o batido Matilde!!

















O máis próximo aos grelos que vin por agora. No Asian Supermarket

















Comercio étnico na rúa das rapazas.
























Debuxo no lateral dun edificio.






















Detalle do mural, a alguén en Aalborg tamén lle gusta pintar floreciñas coma min.

3 comentários:

Anónimo disse...

Que grande! Acabo de ve-lo teu diario fotográfico de viaxe e encantoume!!!

DÚAS CURIOSIDADES:

Veño de comprobar que compartimos afición (por chamarlle dalgún xeito), xa que eu tamén gusto de ver no interior das casas. Pero é un acto que nada ten de fisgón, eh? Mais ben é unha curiosidade... sociolóxica? (o que non se conforma é porque non quere).

Por outra banda... Que triste que o único sitio onde comer unha boa comida española teña de nome "Casa Blanca" (coa tirria que lle teño eu as barras e estrelas).

Bicos e a gozar da viaxe.

Rosalía disse...

Gracias Manuel Macou polos teus cometarios, sempre bos para o blog, e, porque non, para min tamén.

Tes razón que non ten nada de fisgón, eu non o vivo así, coma unha vella chismona inda que poda parecelo. Aquí ías disfrutar! (Andressolo contoume que en Londres tampouco teñen as malditas contras as casas) Que bonitas as casiñas mostrando que hai vida, sobre todo, de noite. E aquí ao lado hai unhas de pranta baixa que son unha chulada, velo todo!

Non sei porque me gusta, quizais porque esconden algo? É unha provocación á celosa intimidade ou vida privada? É de mal gusto mirar ao interior?

Aquí andan ao seu aire e regúlanse a eles mesmos, xa viches, os postos na rúas sen vixilancia, as bicicletas sen candado, os xoguetes dos nenos están no patio da miña prima sen cadeas e o seu portal nunca está pechado. Quizais non teñan nada que esconder.

A min gústanme este carácter, déixante en paz. iso sí cando lle pides axuda dancha a máxima que poden (incluso cando non lla pides), son moi amables. Imaxino que os que están no interior da súas casas, en absoluto estarán preocupados dos que opinen os de afora e pensarán que viceversa.

Onte fomos a una aldeiña mariñeira ben pequena; eramos prácticamente a miña prima máis eu as que paseaban pola vila como "estranxeiras" (turistas, raro nesta época) e estou segura de que apenas se percataron da nosa presencia. Casas baixiñas, portas abertas e sen cortinas!
En Galicia o máis probable é que toda a vila soubera que "hai dúas rapazas de fóra na vila".

En fin, pero xa rematou a viaxe a Dinamarca. Xa fixen a maleta para volver

Gracias por todo!!

Anónimo disse...

Ola abuela!

Chegoume o teu postal, é precioso, graciñas. E a pasalo ben por aí.

Biquiños. Antía