sábado, 19 de abril de 2008

Haseris e lago Kridtgraven


Sei que vos gustan as fotos e por iso vou colgar algunhas máis da miña viaxe a Aalborg. Por certo, prestoume moito moito... Unha semaniña que compaxinei coa relaxación, busca da tranquilidade e a actividade xusta sen caer na obsesión"guiri" de, supostamente, aproveitar o tempo e querer velo todo (o máis turístico, claro). Eu so me empeñei en querer ver os verdadeiros museos dos meus detinos: os bares máis "escuros" do lugar (non teño documentos visuais, pero recoméndovos o Fedtebrod).

Un día collín de mapa e deixeime levar: os pasos guiáronme pola estrada de Haseris que polo mapa parecía un barrio da cidade. Pero en canto saías das rúas do centro aquelo xa era aldea: casiñas con xardín lindísimos, nada artificiais... Aquí vos deixo algunhas fotiñas.

















Nesta aventuriña cheguei ao lago Kridtgraven. Estaba un pouco escondidiño a pesar do grande que parecía no mapa. Ata aquí guioume unha muller do lugar do máis agradable e explicoume que era un lago artificial que se formou por afloramento da auga tras a extracción do mineral. Encantadora.

















Camiño que rodeaba o lago.

















Reflexo do sol no lago. Qué boa tarde!!
















Neste banquiño sentei a coller enerxías, levaba case 2 horas camiñando. Uummm, dábame o soliño na cara, que gustiño... iso si, levaba posto o chaquetón e o gorriño de la.

















Parece unha praia. Era coma pedra caliza.

















Construcción ao lado da igrexa

















A igrexa do lugar.

















Detalle dunha casiña que me gustou. Recordábame á da Familia Monster!

















Camiño que bordeaba o lago.

1 comentário:

Anónimo disse...

Hello
Congratulations for the blog! Very good photos! Wonderful!
Reggards
Ricardo Seixas (portugal)
ricardobs1982@hotmail.com
p.s. sorry my englih