sábado, 12 de maio de 2007
sobre a paciencia (non é o título, tendo a non poñerllelo)
paciencia,
xa comezou o poema
San Tomé, culpable dos sete pecados capitais,
ideou como vencelos?
a rede di que a paciencia
é a inimiga da ira
non son amiga dos santos
de dogmas nin leis supremas
pero como insistiron tanto
aquí lles dedico máis verbas
E dixo Job:
dáme paciencia, señor.
reparte a que tes con aquelas que non aturan
os programas de televisión
a paciencia, brilla pola súa ausencia
neste mundo onde a xente
ten unha capacidade infinda para ser infeliz,
porque ninguén lles ensinou a desaprender
as cousas que non teñen sentido
a paciencia, nai da ciencia?
seu pai, o capital
paciencia
porque as persoas maduras
con ideas profundas
grazas a un obradoiro de poesía
comezan a pensar en galego
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário