segunda-feira, 21 de maio de 2007

Un caos de blog?

Inda que, en principio, poda parecer un caos, podedes preguntarvos que ten que ver a Socioloxía coa Poesía? Para comezar, á sosa e racional investigación científica hai que engadirlle un pouco de arte pensando, por exemplo, en termos poéticos.

A miña experiencia dime que leo mellor un artigo con connotacións e apoio literario que un que, por outra banda, pouco di da sensibilidade do que escribe cara o fenómeno que pretende explicar. A sensibilidade aprécioa cando un/ha autor/a é capaz de engadir á súa escrita racional estándar (que non é non é igual a un compendio de ideas abstractas ou unha listaxe de tecnicismos) unha dinámica poética, sen que iso signifique a perda da rigorosidade científica.

Sempre agradecín pequenas introduccións literarias que fan reflexionar sobre o importante da vida, que para min, non é o que nos manda ter o santo sistema: unha vida estructurada en valores e actos segundo as pautas que imprime para cada momento social e económico. As pequenas citas literarias, ditos da vida, serven para enlazar o que facemos científica e academicamente coa vida mesma nosa e que as horas que pasamos diante dun ordenador non vaian perdendo a finalidade real pola que alí estás.

Sem comentários: