segunda-feira, 21 de maio de 2007

E a Poesía coa Socioloxía?

Un poema reflicte a realidade social onde se crea; lemos un poema e podemos identificar a época na que foi escrito.

E, por outra banda, se ademais, a temática é de carácter crítico social, inda máis. Creo que do poema do super (dúas experiencias persoais, o nivel micro social) podería facerse unha análise profunda sobre a estructura económico-social galega a día de hoxe (o nivel macrosocial).


Que opinades de todo isto? Vedes algunha relación? E, no seu caso, que relación establecedes?

2 comentários:

Lía disse...

Mmmmmmm Nalgunhas poesías por suposto que se pode facer unha análise do contexto no que se escriben, pero hai outras nas que non podemos ver o reflexo da sociedade porque falan, por exemplo, do bonito que é un monumento e, daquela, que analiza un sociólogo ahí?

Rosalía disse...

ola lía, encántame que podamos facer dinámico o blog, así con comentarios que dean "chicha". Poesía versus socioloxía? cres que están contrapostas?
que unha poeta quera expresar a bonitura dese monumento, cres que é casual? e había que ver ademais como o fai.
que as temáticas que tratamos nos nosos poemas e co estilo en que o facemos, cres que é causal? En relación co poema de super, xa viche a de casualidades que me atopei...
a socioloxía, baixo o meu punto de vista, non está somentes en que partir do poema podas dar unha explicación dunha sociedade ou facer unha análise estandar ou modelo.a poeta vive nunha sociedade determinada e iso tamén pode ter unha lectura sociolóxica.