terça-feira, 22 de maio de 2007

Tendencias

Atopei dous textos que me fixeron reflexionar; non son experta en tendencias literarias e non me aventuro a chamarlle algo a estas coincidencias:

Diego Ameixeiras e Fran Alonso

e o supermercado.

Continúo con este poema, xa fai uns meses que quixen contar/articular esta cuestión, reflexión... como se chame, pero sempre hai unha oportunidade para facelo e, ao final vai ser a través desta conta blogueira.

O primeiro, Diego, porque no seu libro Tres segundos de memoria escribe nun capítulo a súa experiencia nun supermercado, máis que nun, no supermercado (ao que imos máis frecuentemente, o que nos queda ao lado da casa e, ao final, sobre o que escribimos: porque o super do meu poema existe, a caixeira mónica tamén e esperando na cola foi onde o ideei). O capítulo titúlase Grazas pola súa visita e fala xustamente dese momento de pagar, pon nome á caixeira, explicita os prezos dos productos... en fin, vin tantas similitudes...

O segundo, Fran, porque nun xornal o día mundial da poesía (entereime nese momento) lin os seus 5 motivos para ler poesía: "A poesía está nas cousas que nos rodean a diario, na música, na amizade, no supermercado, na risa, na moto, no váter, na esperanza, na rutina, nas cousas persoas, no calexón sen saída, no mar contaminado, na tristura, no teu barrio, no ceo cuberto, no ordenador, nun berro, na paisaxe, na conversa e enas rúas. Onde ti queiras. "

Chega por hoxe

2 comentários:

Anónimo disse...

Gustame moito Rosalía, noraboa,
lereino sempre que poda. Un bico.

Anónimo disse...

Moitas grazas; eu tamén teño un recordo estupendo dos teus poemas e aquel "I, eu" (é correcto?)nunca o esquecerei/mos.

Un bico