sábado, 30 de junho de 2007

de "Un cuarto de seu" (III)

Resolución.

... Que pensaba Mary diso? – preguntei. (...) Estaba disposta a renunciar á súa parte de aquilo e ás súas lembranzas –pois foran unha familia feliz, aínda que numerosa- dos xogos e das pelexas aló en Escocia, da que ela non se cansa de gabar a pureza do seu ar e a calidade das súas tortas, por lle doar a Fernham de golpe unhas cincuenta mil libras? Porque subvencionar unha universidade implicaría a a supresión total das familias. Facer fortuna e criar trece nenos... iso ningún ser humano o daría aturado. Reparade nos feitos –dixemos. Primeiro pasan nove meses antes de que naza o bebé. Logo nace o bebé. Despois bótanse tres ou cator meses dándolle o peito. Despois da lactancia, hai que botar polo mneos cinco anos xogando co neno. Seica non se pode deixar os nenos soltos pola rúa. A xente que os viu medar a monte en Rusia di que non é un espctáculo agradábel. A xente tamén di que o xénero humano se forma no período comprendido entre o ano e os cinco anos. Se a señora Seton –dixen- se dedicase a facer cartos, que clase de reocordos terías dos xogos e das pelexas? Que saberías de Escocia, do seu ar puro, das tortas e de todo o demais? Pero é inútil facerse esas pregunts, porque non chegarías a existir. Por outra parte, tamén é inutil pregunta que ocorrería se a señora Seton, a súa nai e a nai da súa nai amasasen unha gran fortuna e a legasen para a fundación da universidade e a súa biblioteca porque, en primeiro lugar, lles era imposíbel gañar cartos e, en segundo lugar, aínda que lles fose posíble, a lei negáballes o dereito a posuíren os cartos que gañasen. Só desde hai corenta e otio anos a señora Seton ten un penique de seu. En todos os séculos anteriores sería da propiedade do home, cuestón que quizais tivo algo que ver no feito de que a señora Seton e as súa nais se mantivesen afatadas da Bolsa. “Cada penique que gañe” –poida que dixesen- “serame retirado e dispoñerase del conforme o criterio do meu home, se cadra para crear unha bolsa ou subvencionar unha praza de profesor en Balliol ou Kings, así que gañar cartos, mesmo so os puidese gañar, non é unha cousa que me interese especilamente. Prefiro deixarllo ao meu home”...

Sem comentários: