Recordades a reflexión de Woolf sobre a señora Seton? Antes dese parágrafo Virginia conta:
.... Ao pensarmos en todas esas mulleres que traballaron ano tras ano e con grande esforzo para conseguir xuntar dúas mil libras, e que o máximo que conseguiron foron trinta mil, estoupamos en reprobacións contra a censurábel pobreza do noso sexo. A que se dedicaron as nosas nais para non teren bens que nos deixar? A empoaren o nariz? A miraren escaparates? A lucírense ao sol en Montecarlo? Había algunhas fotografías no peitoril da cheminea. A nai de Mary –se é que o retrato era dela- debeu de ser unha perdularia no tempo libre (tivo trece fillos cun pastor da igrexia) aínda que, se foi así, a súa vida alegre e disipada non lle deixou moitas pegadas deses praceres no rostro (...) Ora ben, se se dedicase aos negocios; se se fixese fabricante de seda artificial ou magnate da bolsa de valores; se se deixase duascentas ou trescentas mil libras a Fernham, poderiamos estar sentadas comodamente aquela noite, e o tema da nosa conversa había ser a arqueoloxía, a botánica, a antropoloxía, a física, a natureza do átomo, as matemáticas, a astronomía, a relatividade, a xeografía...
Continúa co texto da entrada de “Un cuarto de seu” (I).
Sem comentários:
Enviar um comentário