quinta-feira, 28 de junho de 2007

Un pouco de socioloxía corporativa

Non é por facerlle publicidade a google, pero entre os servizos que ofrece curioseei e, ademais, do Picasa para enviar fotos (se tes conta de correo google) que me contaron onte, atopei un traductor, que, en principio, convenceume e un buscador de blogs.

Levada polo egocentrismo blogueiro a ver se atopaba o meu blog no buscador introducindo a palabra "socioloxía" vin que non estaba mal posicionada, de cuarta. Pero ademais disto tamén quixen buscar quen se dedica ou ten a mesma interese ca ti.

Pois atopei a través da entrada "socioloxía ocioloxía" un/unha compañeir@ sociólog@ que acaba de crear unha zona que pretende de interactuación sociolóxica e que, non so coindicidimos en disciplina, senón que centrouse no IGE. Hai unha entrevista a Rosa, traballadora do Servizo de Difusión do IGE e aparezo nomeada por alí... Terei que investigar quen hai detrás!!

En fin, engadirei a ligazón ás miñas zonas coñecidas.

1 comentário:

Anónimo disse...

Hola Rosalia!!!

Son Walter. Estou apunto de rematar socioloxía, tería que rematala xa o ano pasado, pero bueno con calma! jaja

Teño o blog un pouco deixado, pero prometo máis implicación nun proxecto qeu terá moitas sorpresas, estarás informada sempre.

Pásate polo meu outro blog: http://ocioloxia.wordpress.com

Este está un pouco máis avanzado. Engadirei o teu URL no meu blog, así estaremos intercomunicados virtualmente.

Saudos dende Cangas, unha cidade sociolóxicamente imposible. :)))

Walter Alonso