Atraída por un chamativo papel de suculentos saldos nunha grande superficie comercial, colleu o carriño con Sariña e conduciu ata o inhóspito polígono das aforas.
Sariña abriu os ollos coma sempre o fai ao entrar nun ambiente arco da vella, con altos estantes e chan brillante no que podía ver desde o seu cómodo asento cama as luces reflectidas da iluminación artificial.
Pero tras o impacto primeiro, todo era igual, ningún atractivo máis que merecese a pena salvo a sección dos xoguetes que deixou no inicio do coñecido recorrido de dereita a esquerda do almacén de cousas comprables. Súa nai seguiu a senda polos corredores que levaban á moda da talla 38, aos cosméticos antienrugas e, tras un longo entretemento nestas seccións, ao aceite e ao azucre, ao final de toda a superficie onde están os produtos de primeira necesidade.
Ficou coa imaxe daquel dinosauro que colgada dun envoltorio de plástico fabricado na China. Que grande. Era o seu preferido.
E estaba de saldo. Varios nenos rodeaban a caixa onde descansaba aquel dinosauro.
Imaxinando que se facía amiga do animal ficou durmida entre o murmurio da xente e a música de fondo que seleccionan tranquila para esas horas da tarde.
A nai de Sariña, volveu a empurrar dos carriños desfacendo o camiño ata pasar á altura da sección de xoguetes.
Cando espertou, o dinosauro inda ficaba alí. A pesares do saldo, o produto non se esgotara. Remexeuse con ánimo de incitar á súa nai a que llo collera, sabía que a mami gustáballe botar cousas no carriño, pero inda non asimilara cales. A pesares do saldo, mamá dixo "iso non, que é para nenos".
1 comentário:
Gústame como escreves, e como deixas no texto mensaxes (varios e variados) para reflexionar. Lástima que non se leve moito, o de reflexionar digo...
Enviar um comentário