quinta-feira, 4 de outubro de 2007

Curtas na rede_07

O luns 8 ás 6 da tarde desenvólvese a entrega de premios “curtas na rede” 2007. Asistiremos encantadas e, nada máis solicitar a invitación intereseime polas curtas que hai colgadas na páxina contruída para tal fin.

Quedei gratamente sorprendida cando vin os temas: xuventude, inmigración, medio ambiente... moi próximos a min que denotan a sensibilidade que se está a ter cara estes fenómenos que cando menos, cabe ser conscientes deles. Só vin as curtas clasificadas en inmigración e gardo para outra sesión as de medio ambiente.

Non son experta no tema audiovisual, gustáronme unhas máis que outras e, en todo caso, opinaría modestamente sobre a temática que é do que sei un pouquiño máis, pero supoño que o esforzo de facelos, seguramente que con poucos recursos, pero moi boas ideas merece o respecto cara as súas creadoras/creadores.

Resalto as seguintes:

A fabula da illa dos Naufragados
Foi unha das que máis me gustou, con poucos recursos e unhas ideas que sintetizan moi ben a cuestión inmigratoria, polo menos do Estado español a día de hoxe. Ademais, xusto acabo de chegar do 1º Seminario Internacional de Políticas migratorias onde se profundizou no tema das fronteiras (simbólicas) de entrada da inmigración e que aquí reflexa perfectamente.

Alí e alá
Un título cunha presentación (imaxe e resume de contido) moi suxerentes....

Cafés de papel
Un dos que máis me gustou, principalmente pola montaxe e a idea de facer ir cara atrás a sociedade de acollida e cara adiante os que chegan. Usa símbolos moi relacionados co fenómeno migratorio.

Fronteira pechada
Tamén me gustou moito, entretido e tratando o fenómeno dun xeito distinto pero moi acertado e inxeñoso.

Marea negra
Este véxoo con outros ollos, posiblemente porque coñezo ao seu autor, nun minuto expresa moito máis contido que calquera dos outros que duran 5 min.

Últimas memorias dun inmigrante
Ocúpase dun tema pouco tratado na disciplina das migracións internacionais, quizais máis acostumadas a tratar a inmigración dende un punto de vista máis global atendendo menos á psicoloxía individual da persoa que vive o proceso migratorio. Meus parabéns.

8 comentários:

Anónimo disse...

Graciñas polas túas palabras con respecto a "Cafés de Papel". Sempre é de agradecer un comentario, pero agradécese máis cando se fai en positivo (como é o caso). E xa que dis que coñeces ó autor de "Marea Negra" aproveito para dar (aquí coma en curtasnarede) as miñas 5 Estrelas para a súa curtametraxe (moi grande). Bicos.

Unknown disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Unknown disse...

Na entrega dos premios compbrobei que, efectivamente, estas agradables palabras eran o prólogo, a descripción na escrita, da persoa que me ía atopar. Un pracer saudarte.

Coñecer persoas coa sensibilidade de Manuel transmíteme a alegría de pensar que non todo está perdido neste mundo.

PD.gracias aos teus animosos comentarios sobor (como dixo Losada no seu discurso que case se atraganta co galego) deste blog, porei máis esmero nas próximas entradas.

Anónimo disse...

Foi mutuo. Graciñas por achegarte e saudar. Un momento verdadeiramente máxico cando unha, ata aquel momento descoñecida, se achega para falarme. Ese é o principio de integración do que nós intentabamos falar na nosa curta. O primeiro paso para comprende-la problematica da inmigración.

Pero non é o único que nos une. É curioso Rosalía, cando subin a recolle-lo premio, por un momento quedei sen saber moi ben o que dicir, e pensei en algo semellante ó que ti dis.

Algo referente a non perde-la esperanza e volver a humanizar á raza humana. Que é posible (despois de todo).

Non sei o que dixen (tiña nervios de máis) pero espero que polo menos iso se medio-entendese.

Gústame este recuncho. Non deixes de aportar a túa visión do mundo que che rodea, porque sempre se necesitan uns ollos positivos a través dos que mirar.

Rosalía disse...

Pois dixeches algo moi bonito. Algo así como "para a todas aquelas persoas que se atreveron a tomar un café con un descoñecido".

Gracias novamente.Emocióname especialmente o último parágrafo.

Anónimo disse...

Ai, Manuel, ao final perdinche no teatro e estaba moi agusto falando contigo.Mándame unha mensaxe en youtube ou escríbeme a andresmertin@yahoo.co.uk, que non me gustaría perderche a pista.
Un saudo e felicidades polo teu éxito!
Andressolo

Rosalía disse...

o mundo blogueiro... vaites vaites

Anónimo disse...

É curioso como un post con bo gusto acaba por se converter nun punto de encontro(s). :)))

Tamén a min me gustaría (ollo ao eme que ven, andressolo, que non é unha errata, vai para ti :P) nom perder contacto con vo-los dous.

Este é o meu e-mail: manuelmacou@hotmail.com

Bicos mil e afectos varios (e "arriva espanha" XDDDD -eres grande tío-).