
Pero seleccionei un fragmento do relato “Felicidade absoluta” (1920) para esta entrada e antes de copialo comentar que este libro consta dunha pequena reflexión histórica nada cargante e crítica con breves comentarios sobre a biografía das autoras e do autor que invitan a ser lidos, incluso con fotiñas (é frecuente atoparse con textos que a biografía e a introducción histórica convértense en tratados pesados que deixas de ler na segunda folla e vas ao gran directamente).
“A pesar de que Bertha Young tiña trinta anos, aínda experimentaba momentos coma este, en que prefería correr en vez de andar, ensaiar pasos de baile na beirarrúa e fóra dela, facer rodar un aro, lanzar algo ao aire e collelo de novo ou quedar parada e rir – por nada – en particular.
Que podes facer se tes trinta anos e, xusto ao dobar a esquina da túa propia rúa veste inundada, de socate, por un sentimento de felicidade – dunha felicidade absoluta! – coma se de súpeto enguliras un anaco relucente de sol da tardiña e che abrazase no peito, desprendendo unha chuvia de faíscas en cada partícula, de punta a cabo?...
Oh, acaso hai outro xeito de explicalo sen parecer “bébeda e entolecida”? Que estúpida é a civilización! E logo para que se nos dá un corpo se o tes que manter pechado nun maletín como un valioso Stradivarius?” (páx. 173)
Qué comentario, ao igual que Anxos Sumai, me escribiría Katherine?
Creo que me caería ben...
2 comentários:
Se che gustou tes que ler "As fillas do difunto coronel", está editado por Xerais, na colección literatas. Eu lino e tamén me gustou moito. Téñoo pola casa, salgún rincón, se queres á volta préstocho...unha aperta, Belén
Mira ti quen sabía dela. Pedireicho sen dúbida.
Apertiña!
Enviar um comentário