En xeral, non sei que é o que dirixe cada entrada que escribo: depende do día, a temática (inda que seguramente imprima certa tendencia), as ganas; nalgunhas nótase que vai dirixida a algunha persoa en concreto... e nesta, son consciente de que este é o caso: que decidín, aquí, na calor do sofá que me acolle cando chego a casa, dedicar esta entrada a unha persoa.

Esas marquiñas multiplicadas ao longo da lectura resaltan este momento desta muller absolutamente feliz:
"E as dúas mulleres quedaron unha xunta a outra admirando aquela esvelta árbore. Aínda que estaba inmóbil, a árbore virouse como a chama dunha candea que se expandía nunha punta, que tremelicaba no aire diáfano e que medraba máis e máis canto máis a miraban; até aloumiñar o contorno dunha lúa chea e de cor de prata.
Canto tempo estiveron alí? Ambas as dúas absorbidas por aquel círculo de luz como dúas criaturas doutro mundo que se entendían á perfección e se preguntaban intrigadas que tiñan que facer neste mundo con aquel tesouro de felicidade absoluta que albergaban nos seus peitos e que lles agromaba en forma de flores prateadas desde o cabelo ata as mans".
Espero que che guste.
2 comentários:
Moi especial o que di. Lévate a outro nivel (reflexivo). É algo máis que literatura.
Se cadra gustaríache a obra de Bernardo Atxaga (Obabakoak -por exemplo-). Por certo que a peli (Obaba) tampouco está nada mal.
Intentarei vela
Gracias polas túas recomendacións e comentarios Manuel. Por certo, recordo que temos unha conversa pendente sobre a xestión do blog. Non me esquezo
Enviar um comentário