quinta-feira, 25 de outubro de 2007

Máis dedicatorias: aos músicos

Veña outra dedicatoria; esta xa a tiña gardada. Pero coincidiu que a miña curmá gustoulle moito a entrada de Anxos Sumai e decidín repetir para dedicar esta entrada aos meus amigos músicos. Espero que vos guste.

MUSICOS ARDENDO EN CUBA ... recordamos que na aldea a xente tardou bastante en afacerse á presenza das teles na casa e había algúns velliños que lles pedían desculpas aos presentadores cando se sentaban a comer e incluso lle facían o convite: “Se gusta, poñémoslle un prato”. Un sábado pola tarde andaba eu, precisamente, pola casa de Helena axudándolle a limpar azulexo do baño e entón apareceu a súa avoa, unha vella arrichada coma un allo, a berros polo corredor. Unha subida de tensión eléctrica fixera que o aparato de radio comezase a arder. A mulleriña non facía máis que gritar:

- apagha a radio María Helena que arden os músicos...

Extraído de SUMAI, A. (2005) Melodía de días usados, Galaxia, Vigo (Páxina 155)

2 comentários:

Anónimo disse...

Sinxelo, cortiño, entrañable...

Lembrame o que falábamos dos cortiños de Andressolo.

Os músicos querémoste.

(...quita o da verificacion de la palabra, da traballo e é un problema máis para facer comentarios...)

Rosalía disse...

Merci fono

(palabras e recomendación)

eu tamén vos quero a vós

que me facedes disfrutar da vida