Puxen Chocolat para durmir (véxoa por enésima vez) e non sei se foi o vento que leva a nai e filla a migrar polo mundo que un aire parecido existía para que miña irmá máis eu puidéramos voar Madrid-Budapest en vasoira!
Que guai! Despegamos con pilotos, iso sí, dunha especie de garaxe xigante subidas cada unha no seu coxín con forma de táboa de planchar. A compañía era a portuguesa TAP, que segundo me explicaba miña irmá no voo non podían voar ese día a Portugal e facíano a Budapest.
O despegue foi duro, en canto a plataforma se elevou do chan tiven que agarrame fortemente á táboa mol porque os bruscos movementos puxérnanme cabeza cara abaixo.
E de repente, xa voábamos nas nosas vasoiras por vilas, nalgúns momentos á altura do cuarto piso dos edificios; eu ía de primeira e miña irmá viña detrás co piloto que a guiaba (que sorte! eu tíña que apañarmas), pero logo xa se achegou e íamos parolando xuntas polo ceo (sen piloto, quen sabe que pasaría).
Pois nada, nun chisquiño xa andabamos de visita cultural por Budapest, supostamente nos mesmos sitios nos que estivera fai un par de anos cos meus amigos (de verdade) e comentáballe a Carol (miña irmá): “ai que ver o tempo que nos levou chegar daquela, e mira nós nuns minutiños...”
Na escea xa sumaban máis protagonistas: miña nai e o meu sobriño... os soños sonche así. Prometía, pero soou o despertador.
PD. a imaxe é un fotograma extraído da peli Chocolat
5 comentários:
So os teus soños darían para un blog surealista infinito.
Pi
Guachingueich que mensaxe tan bonita me deixaches. Como escribin nada máis espertar, coa legaña no ollo, modifiquei un par de cousiñas e falta poñerlle unha fotiño que a ver se atopo que represente o que vía a vista de paxaro. Creo que xa a teño... non deixes de volver a pasar novamente polo blog para vela.
Bico.
hehe que sono máis ghuai :)
A min fíxome lembrar esa película de Hayao Miyazaki tan especial: "Nicky, la aprendiz de bruja".
Con título para nenos pero unha dobre lectura para adultos, Nicky é unha xoia moi recomendable (como algún post deste blog -que segue a gustarme pola súa frescura-).
Obrigada Manuel, sempre tan amable. Anotarei unha por unha todas as túas suxerencias bibliográficas e audiovisuais.
Un bico
Enviar um comentário