segunda-feira, 18 de fevereiro de 2008

marketing

Adiviñastes entón con quen fun a Viena? Deixeivos un tempiño, eh?! Pois aí vai a solución: fun co veciño de aí da dereita: o creador da coñecida zona da zanfona; a buscar unha zanfona, claro; a súa zanfona. Estiven alí, nese momento transcendental cando o músico toca por primeira vez o seu instrumento. Soa estupendamente e, sen dúbida, deleitaranos con esa simbiose iniciada en Viena.


Este zanfonista ensinoume o sistema que está aí, ao final da páxina: o número de visitantes do blog. Como poderedes comprobar (se vos apetece seguir lendo) nesta entrada volverase a conxugar a socioloxía coa estatística ou viceversa.


Pois resulta que se pinchades no nº de visitas podedes, entre outras cousas, saber as palabras que introduciu en google unha navegante para chegar ao meu blog. Primeira conclusión: a xente non cae no meu blog porque lle guste ler as entradas rosalianas ou pola temática... non


Fixen un filtrado eliminando datos daqueles servidores igual ao meu (xa que conta as entradas que eu fago, non vale!), da institución para a que traballo ou entre os que son de xente coñecida (como podedes comprobar, está todo controlado en internet; María sei cando me visitas dende Aalborg!).


Queredes saber que entrada eleva a media de visitas do meu blog? A “negra do vibropower”! (2ª entrada do mes de novembro). A xente escribe en google: vibropower (5 veces), vibropower anuncio, vibropower negra ou negra vibropower (4 veces), anuncios tv vibropower, la negra de vibropower (3 veces) e a última xa é a repera: vibropower la del anuncio, aí!, con énfase sobre o que se quere buscar. En fin, os da empresa de marketing do vibropower saben ben o que fan.


Máis? A xente tamén cae buscando a letra da muiñeira de Chantada (con frecuencia, eh?) e unha cousa que teño pendente de investigar: a “canción pi pi po”. Que será? un tema tradicional? unha canción de moda? As palabras que introducen son música pi pi pi pí po po po po, música pi pi po, canción pi po pi po, poema pi.... a saber.

12 comentários:

Anónimo disse...

Pois si, visito o teu pi po pi po pi porque me gustan as entradas rosalianas e polo momento teño moito tempo libre e unha boa conexión. Agardo a túa visita en persoa. Bicos.

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Anónimo disse...

Adscríbome ao dito por María (esnaquizando as túas estatísticas):DDDDD Bicos mil.

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Lapis-vermello disse...

Entón ti tamen tocas a zanfona?. Xa somos 2. Bicos e graciñas pola túa visita.

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Lapis-vermello disse...

Unha preguntiña. o blog de zona da zanfona.blogspot.com é de Oscar?

E que se é podo preguntarlle moitas cousas sobre o CMTF, ao que pertenzo eu e seguro que el sabe algo. Bicos e responde pronto

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Carmen Martínez Torrón disse...

SOCIOLOGIA POWER!!
Gracias Rosalía por todos tus emails informativos :)
Yo también tengo un blog! A mi se me da por la ftografía.
Nos vemos compi.
Carmen.

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Alube disse...

ola, ao final animeime a entrar no teu blog, da man de Ainett, como non!!!!digamos q as túas estratexias de "captación" de lectores, funcionan bastante ben! todo sexa polo vibro power!!!
encantado de terte coñecido...
saudiño a Mariola
Alberto

Rosalía disse...

Eu tamén encantada de coñecerte.
Dareille os saúdos a Mariola.
Qué gracia o do blog, acordábaste!Xa me contarás se te "captei" como lector, se che gusta a temática cousiñas así; en definitiva, se che fago pasar un bo momento mentres o les.
Dende este comentario xa pido as miñas disculpas pola pouca actualización das entradas e a ver se non pasa de esta semana que faga unha nova.
Ah, agora xa podo contarche o de galisigno.com.que ata o momento non tiña xeito de contactar contigo. Supoño que xa estarás ao tanto, pero o luns recibín un correo da posta en funcionamento deste portal.
Unha aperta