terça-feira, 18 de março de 2008

que podemos ver polas mañás na tele? Segunda Parte

Eran as 10.20 da mañá e volvín a sentar a almorzar diante da televisión; desta vez na miña casa e sen a agradable compaña de Mariola e Musampa. Fixen zapping e parei nun debate dun programa chamado “Espejo Público” en Antena3 que hoxe trataba sobre a infancia e a violencia diaria que a rodea. Vaia! - dixen para min- por fin un tema serio; a ver que din.

Espero a que remate de falar o primeiro invitado -collino a medias- que falaba cousas, neutrais, sen decir algo que poda dar a clave ou crítica da situación, pero nada aberrante que che fixera levantarte e escribir unha entrada no teu blog. Despois dos poucos minutos de debate que oín, concluín que este home era o máis asisado.


A seguinte intervención era a de Juan Manuel de Prada (creo que era el). O anterior era un bendito: falando da loita libre dixo algo así coma “Yo estoy completamente de acuerdo y además me parece maravilloso. Eso es lo natural, los niños siempre se pelearon, es un juego, una violencia lúdica, no hay nada, pero nada malo en ello –incluso se remontou á epoca helénica precristiana para tomar un exemplo; El niño se desahoga, suelta la adrenalina y se va tranquilito para casa y así no le pega a la madre y en un futuro no será un maltratador...”.


A presentadora botándose as mans á cabeza e dicindo algo así como que as nais, segundo a súa opinión tiñan que deixar, entón, que os nenos se peguen entre eles e ás profesoras tamén, etc, etc.

Rematados estos discursos, un terceiro continuou dicindo que os nenos que vexan esa violencia na televisión era totalmente inocuo.


En fin, todas estas xoias centradas no neno varón, claro; estaba esperando cando nalgún momento se introducía a cuestión de xénero (que era inevitable) e que estaba completamente ausente dos cerebros destes homes; en alto e ao mesmo tempo: “es que los niños y las niñas son diferentes”.


Non quixen seguir escoitando. O mando da tele dache o poder para calarlle a boca a estes individuos.


PD. Menos mal que agora as criadoras de nenas e nenos non están na casa polas mañás.

Sem comentários: