Sei que é unha data sinalada, sobre todo para os veciños portugueses, pero aquí vou falar doutra revolución.
Resulta que, por primeira vez, vou nun medio de transporte, concretamente, público escribíndovos esta entrada. E concretando máis, na Galiza a 25 de abril de 2008.
Nun autocar para uns, ónibus para outras, bus para outros máis... os pereiras (a liña da miña nenez e adolescencia, liña Catoira-Vilagarcía), os castromiles, os estradéns.... pero é o arriva Coruña-Ferrol o que permite que me entreteña contándovos estas cousas da vida mentres contemplo as rías "medias-altas", "lercheo" coa miña curma....o que pensei que sería a estas horas unha viaxe interminable convértese nun fito na miña vida.
Esaxero?
A verdade é que o feito fixo retrotaerme a ese momento do pasado no que pensaches algunha vez cando sucedería isto (inda que daquelas non imaxinaba algo chamado interné) e reflexionar sobre a sociedade, a vida...
1 viaxe Coruña-Ferrol igual a unha entrada no blog
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
5 comentários:
Hai unha semana pasamos polos madriles. Esquecemos o enderezo do punto de encontro e dende o teléfono celular, María atopou en internet as coordenadas. Introducímolas no GPS e chegamos sen perdernos.
Era un acto máis social aquilo de parar xunto a un lugareño e dicir: "Desculpen señores, a rúa Terceto?"
Será esta a Involución das Especies da que falan algúns científicos?
MulDR = Manuel Macou (que se me foi o nick) <---- Outra involución máis XDDDDDDD
Cántas coincidencias neste comentario!
- uns amigos tamén se perderon fai unha semana polos madriles, pero eles deron toda a volta á M40.
- Estes días ando contándolle a todo o mundo de onde ven a palabra celular (estou enganchada ao Canal Historia). Por certo, unha vez deixárasme un comentario sobre o libro de montaxe (eu daquelas inda non sabía que era), pero ese mesmo amigo que se perdeu por Madrid, pasoume un documental sobre "montaxe" estupendo e agora xa sei que é!
- respecto aos cambios de relacións entre as persoas, véñenme á cabeza estas reflexións así moi rápidas:
. internet... é un privilexio de poucos(inda que cada vez vai a máis)En qué países o 95% dos fogares dispoñen de internet? Cal é a porcentaxe de usuarios de internet en países, por exemplo, como Rumanía?
. das privilexiadas que dispoñemos de internet; sei que hai novas predicacións acerca de que internet promove o aillamento das persoas, etc etc... cuestión a valorar, dende logo, pero cántas relacións sentimentais naceron a raíz do seu uso que a través de outro medio (poñamos o convencional, o que usábamos ata o de agora) resultaría difícil ou imposible (por motivos coñecidos)?
. a involución... de qué especies?
Gracísimas Manuel por invitarme á reflexión!!
O outro día, na radio había uns individuos debatindo. Angel Gordo, que me deu clase dicía: a sociedade actual favorece individuos desarraigados que cambian de residencia en barrios inhumanos con vidas caóticas. O internete da resposta a necesidades de comunicación que o noso entorno xa non nos dá: é un alivio.
Eu colecciono croquis de individuos que me indican enderezos: es Scotland, tras mobilizar todo un pub, un enorme bebedor de juisque fai o croquis e dime: "hai que xirar na igrexa ¿vós como debuxades as igrexas?"
Gracias marajota polo teu comentario, relexivo e ameno. Gustoume moito
Enviar um comentário