Coma en todos os lados, "hai xente boa e xente mala". Din dos coruñeses ceteuves (coruñés de toda la vida) que son uns pijos e viven da apariencia; non nego que haxa unha tendencia xeral, pero eu, que levo 10 anos vivindo aquí, tiven a sorte de atoparme ceteuves do mellorciño e non farto de repetilo cada vez que escoito a funesta expresión sobre os cidadáns herculinos.
Eles ensináronme os sitios que vos vou mostrar máis abaixo; aquí, ao lado da Coruña hai paraísos deses que permiten que esquezamos todo e podamos gozar do monte, do mar, da natureza sen extenuar.
Novamente teño que pasar os meses de estío nesta cidade (pásamen aquí desapercibidos) e estas evasións fanme vivir verdadeiras tardes e días de verán.
Grazas a vos que me ensinades, acompañades e queredes.
6 comentários:
Esa cala de Carnoedo é a que coñezo eu. Hai cinco ou seis. É a terra da miña nai, hai que ir coa marea baixa. Pero é un pequeno paraíso, a verdade.
Si! coñezo Carnoedo de ir un día contigo a facer un recado a casa dun familiar.
Un paraíso, sí. Con marea baixa e auga critalina.
Había unha escarapota por alí, unha bolboreta de mar que se transforma en piraña cando a pisas. Tiven sorte!
Repetiremos.
Nós somos máis das Fragas do Eume. Sei que non é Coruña, pero pertence aos arredores, non?
A Coruña, como cidade, tenme atrapado. Posúe tantos recunchos con encanto!
No que respecta á xente de Coruña... Eu levo algo máis de 5 anos vivindo aquí e o certo é que (a risco de utilizar un tópico) haiche de todo.
Noto certa inercia cara o arrogante, pero supoño que niso algo ten que ver o xeito de falar (as expresións, as entonacións) que son algo moi marcado de cada rexión. Despois de todo hai que recoñecer que fachendosos hainos en calquera punto do planeta.
De recunchos na Coruña, así que recorde agora gústame especialmente a praza das Bárbaras na cidade vella. E como xa contei noutra entrada certas zonas da Torre.
No meu aniversario tiven como agasallo un día camiñando polas Fragas, á beira da cor turquesa do río.
e... sabes qué? Había ananiños con frores na barba!
HOLA MIÑA SIRENA, ESTIBEN A VER AS FOTOS DA MIÑA PRAIA E AS DA CALA DE CARNOEDO E A VERDADE QUE AS POS POLAS NUBES, COMO SE MERECEN.
UN SAUDIÑO, E RECORDA QUE ACERCASE A MAGOSTADA, QUE TEN UN ENCANTO ESPECIAL.
P.D.
VAI PREPARANDO OS PES, PORQUE NO OUTONO XA SABES QUE TOCA SENDERISMO.
UNHA APERTA DAS MIÑAS,RUBIO
Ola meu mariñeiro salgado!
Gracias polo teu comentario.
As magostadas? as que máis me gustan quizais por ese encanto especial do que falas.
Preparada para sentir as olores e cores do outono nas túas paraxes e noutros máis que toquen.
Outra aperta, pero das miñas
Enviar um comentário