terça-feira, 16 de setembro de 2008

Grazas

Belén, recordas a conversa que tivemos sobre que dun ano para aquí a xente, en xeral, remataba os meils con grazas en vez de gracias?

Cando regresaba da piscina fixen reflexionar espontáneamente dúas veces seguidas a un "kiote de Montealto" que estaba sentado nas escaleiras (o "eh" expresa o momento) ; pregúntame amablemente co seu koruño perfecto:

- Perdona: me dice la hora que a mi esto no me va (referíase ao móbil).

- Si, un segundo (teño que coller o meu do peto do pantalón): as tres e sete minutos.

- Moitas gracia-eh-moitas grazas e-eh-anda que con esto hubo un lío que te cagas

(ergueuse, debía chegar tarde e seguía falandome ao lonxe)

y al final la peña dice graciñas
.


Que simpático.

2 comentários:

Anónimo disse...

Este aprendeu ben nas clases de galego-lingua extranxeira e aínda se molestou en viaxar para saber cal é a realidade na lingua viciña pero sempre con cámara de fotos en man. Non vaia ser que non se note que el é da cultura viciña, a que sabe os nomes de 3 toureiros e 3 cantadores de flamenco en menos de 10 segundos.
"Y eso del serán que venía siendo?"

Anónimo disse...

Lembro a conversa, lembro...pois si, como moito din "graciñas" e iso se lles falas en galego. Hoxe fun a unha conferencia, e un burócrata europeo, contaba que están quitando de todos os textos "a inmigración é un problema" ou a "problemática da inmigración" e poñer "a aportunidade da inmigración". O conto que despois de 30 anos algún burócrata equivócase, e daquela teñen a tres ou catro revisando nos textos, non vaia ser que algo delate o sesgo, que fai 30 anos levan acometendo...A linguaxe é poderosa e traizoeira. Unha aperta.