terça-feira, 30 de setembro de 2008

Na piscina

O soliño da mañá daba na pista número dous. No seu ascenso do mar os seus raios cruzaban o xigante cristal-parede da piscina municipal. Parecía que quentaban a auga e convertían as burbullas que saían dos meus dedos en peixes diamantes que bulían cara a superficie.

A esas horas séntese o silencio do espertar. Os veciños de pista son os xubilados que nadan tranquilamente acorde co seu ritmo ralentizado do ciclo da vida. Transmiten paz.

Mudarei de horarios.

3 comentários:

Anónimo disse...

Acábasme de transmitir paz con esta entrada. Bueno, sempre a transmites xa ti...non me quero imaxinar a que transmitirás cando sexas xubilada. La gloria!

Manuel Macou disse...

É certo, a túa entrada transmite paz. Pero a piscina non che é para min. Téñolle alerxia ao cloro.

Soía ir á piscina que está preto da Ronda do Outeiro (onde antes estaban os malpechados cines Chaplin) e o último día (por iso o foi) case perdo o coñecemento nos vestiarios e todo.

Así que... prefiro chegar a xubilado. Farei "aparellos" no ximnasio :DDDDD

Bicos.

Rosalía disse...

Si. Conseguiu relaxarme. Desde que rematei a carreira non volvín a ir primeira hora da mañá; pero hoxe, unha necesidade imperiosa de calmar a dor de espalda coa que me levantei, fixo que ir nadar se situase na primeira liña da miña axenda.

Un gustazo.

Eu fun durante un ano á piscina da Agra. Igual coincidimos!Agora son de Santo Amaro. Unha maravilla baixar as escaleiras en inverno e ver a praia sentindo o pasado mariñeiro da cala (inda queda en pé un taller de carpinteiro).
Unha vez dentro da o sol da mañá, umm que gusto, e as vistas! os montes de oleiros e toda a ría.