sábado, 6 de dezembro de 2008

Non quero ser Doris Day


Novamente recupero á escritora Inma López Silva nunha tardía e inesperada entrada. Ven de publicar a súa última novela Memoria de cidades sen luz. A presentación do libro convenceume para mercala. Seica desas que enganchan e les dun tirón; perfecta para 13 horas e 20 minutos en avión destino Bos Aires.

Pero as ganas lectoras fixeron que esa mesma noite xa comezara e, como sabedes, gústame sacar foto a parágrafos e rexistralos no meu arquivo compartido que é este blog:


"... Algunha vez incluso Lucía foi con Casal ás reunións dos da Irmandade e do partido, pero chegou dicindo que non lle gustaba o ambiente, que eran demasiados homes e que na política deste país había que reinventar todo e volver empezar, porque eran as súas esposas, agás excepcións, as que lles daban as ideas, os cartos e os ánimos para facer cousas.

(...)

"Lucía dicía sempre que serían irmandadas, serían republicanas e, sen ningunha dúbida, eran femininas, pero non tiñan nin idea de nada máis. Cando Isaura chegaba con algún panfleto da Irmandade collido na rúa, Lucía púñalle un té e regaláballe un mitin privado, dicindo que empezaría a crerlles a doutrina política o día que a exercesen nas súas casas e puxesen os seus homes a prepararlles o xantar porque, en definitiva, as da Irmandade Feminina eran as criadas dos maridos e dos irmáns, incluído o mesmísimo Ánxel Casal. Irían de feministas, comentaba Lucía nos seus rautos de insidia, pero ninghunha delas deixara de casar, nin deixaran de coser, cociñar ou pasar o ferro para que os seus homes fosen a impecábel envexa de todas as mulleres da Coruña..."


Parágrafos extraídos das páxinas 23 e 30

5 comentários:

Manuel Macou disse...

Está claro, precísanse mais que boas intencións para xenerar un cambio. Entraronme ganas de ler o libro.

Graciñas Esquío ;)

Rosalía disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Rosalía disse...

Gracias a vostede polos seus comentarios sr Macou!

Hoxe acordeime de ti, nunha reflexión sobre o pouco blogueira que estou... nin co meu nin cos desmais...

virán tempos mellores

un abrazo

Manuel Macou disse...

:) Cada vez que alguén di "Macou" con cariño un vagalume escintilea con mais forza no monte.

Isto dos blogs vai por tempadas. Non sempre se ten para contar, e non sempre apetece contalo todo.

Por certo que conto contigo para a estrea Aurora. :D (todo se andará).

Bicos mil.

Rosalía disse...

Qué linda historia a do vagalume!

Moitas grazas pola invitación. Para min será un pracer asistir; poreino como prioritario na axenda.

Cando é? Espero que sexa á volta da miña viaxe a Uruguay (volvo o 7 de xaneiro)

un abrazo