sexta-feira, 30 de novembro de 2007

Cea Multicultural

“Me encanta tu asento” anda un andaluz por aquí obnubilado pola miña presencia no Seminario e o meu acento “es que nunca escuché el gallego” –reflexiona e volve a admitir “si, es verdá, nunca escuché el gallego”

Ando por Jaén, bueno, Baeza, concretamente nun seminario... o caso é que dentro de todo o estipendio incluíase, por suposto unha cea nun restaurante de superluxo onde pareciamos medievalos ricos en mesas desas redondas no patio este da foto. Ao gran co que vos quero contar:

menuda mesa multicultural:

▪ un vasco, vasco (que contou que os chineses lles mercaran o estadio Anoeta e a Real Sociedade para promocionar os xogos olímpicos).

▪ o andaluz que corta o bacallau, é dicir, o que decide e destina os cartiños para a investigación da inmigración en Andalucía

▪ unha milanesa (italiana de Milán, non o rebozado) que lle encanta comer e beber rioja (que por certo estaba boísimo, do nivel do restaurante, por suposto).

▪ unha ecuatoriana que o seu marido estivo nun instituto que hai en Bamio (que gracia escoitarllo pronunciar rapidamente e por unha foránea; é unha parroquia de Vilagarcía) do ISM –Instituto Social de la Marina- e que as xentes de por alí todas coñecemos.

▪ unhas andaluzas (adultas, poderíase dicir) que falando dun bar de Sevilla comentaba unha delas sobre os canutos “y me ofrecieron y estaba hasta bueno” orgullosa de que a tomaran por unha jipi.

▪ e a galaica (que fai unha galaica no medio dos andaluces que están ben contentos da percepción de que o Seminario chegue tan lonxe como o andaluz do incio?)

PD.O seminario é o V Seminario sobre la Investigación de la Inmigración Extranjera en Andalucía. Reservo comentarios-conclusións para outro momento ou para as que queirades preguntar!!

Sem comentários: