quarta-feira, 21 de novembro de 2007

Massiel non nos queda tan lonxe

Continuo coas amigas. Nada coma un domingo de inverno de chuvia para montarnos no coche e tirar para Santo André de Teixido, Ortegal... e non poder saír del, claro. Acostumo a levar unha grabadora ás excursións afastándome de imprimir a imaxe (que ficará no arquivo do meu cerebro) e gardando para o recordo as vivas conversas que mantemos. En vez da posterior sesión "album", sesión "escoita" pero coa dobre vantaxe de que ao mesmo tempo será tamén un pase fotográfico porque nos axudará a traer esas imaxes que gardamos no seu momento.

Reproduzo aquí unha das tantas historias que nos contou Ana ese día:

Eu creo que a miña mellor intervención nos medios de comunicación foi no programa de (...) da radio Narón esa, Radio Fusión de Tomás Lijó cantando "Eres" por la radio (eres por la forma de ser conmigo lo que mas quiero!!...): porque foi un día que foi cando Massiel se puxo en contacto con nós.
Pois resulta que o ano pasado cando fixemos a revista saía un artículo de Massiel; pois resulta que Carmela, a da Bota (...) ten unha amiga que é veciña de Massiel; entón colleu e lle foi a dar a revista. Vale, Massiel flipando. Entón vos lembrades que fai como un ano Massiel foi ao programa de Antena3 "donde estás corazón"? Bueno, pois foi.
Entón chamaron da redacción de "donde estás corazón", Massiel lles dixo que nos chamaran para que miráramos o programa porque éramos superfans dela. Entón a istoria é que nesas datas, joder o ano pasado todos os luns participábamos no programa do Tomás Feijoo (...) entón tocoume a min o luns este, que ademais era luns de antroido e eu estaba no Terra e xa me iba a disfrazar i nada, de momento falei dos carnavais, non, de como íbamos a disfrazarnos e non sei qué i o Tomás Lijó chamou a Massiel para ver se podía entrar en antena (porque lle comentamos a historia), chamou a Massiel "oye oder estaría guai que a Massiel entrara aí en antena, xusto como se fora unha sorpresa para ti, non?" i o Tomás "ostia! Massiel!"
Qué pasou? Que a Massiel estaba de obras en casa e non puido entrar en directo entón cantei eu "Eres".

Sem comentários: