terça-feira, 13 de novembro de 2007

que podemos ver polas mañás na tele?

Encántanme ir ás casas das amigas a almorzar, só a iso. É estupendo apuntar na túa axenda: "mañá almorzo en casa de Mariola" ao mesmo nivel que calquera tarefa laboral e afastarme das rutinas facendo que ese momento da xornada sexa un dos máis agradables do día sobre todo se sentes a prácida calor do sol na cara.
As persoas que acostumamos a traballar polas mañás que nada máis erguernos poñémonos diante do ordenador é probable que non saibamos que botan na televisión a unhas horas nas que, segundo comprobei, se segue a manter o perfil de televidentes en décadas: as amas de casa.
Se vos pica a curiosidade e non tedes unha tele á vosa disposición co programa zattoo.tv poderedes comprobar o que vin onte almorzando na casa de Mariola:

· anuncio dunha muller no seu fogar con experiencias case orgásmicas ao usar e ulir os seus pos da lavadora.

· a Ana Rosa estupenda que parece que non pasan os anos por ela

· millóns de anuncios de créditos rápidos (mediatis, cofidis, openbank)

· vibropower, un aparato (que seguro que non tes sitio onde metelo na casa) que coas súas vibracións quedas coma a negra do anuncio (que se lles pasará ás amas de casa pola cabeza...)

· debates, debates: sobre dramas, cantos máis mellor: desaparecidos, violadas, maltratos.... e sobre política canto máis fundamentados sobre prexuizos estean os argumentos, mellor, máis éxito van ter .... logo teremos para opinar no super ou á hora do xantar (en caso de haber algún tipo de cruce de palabras, máis aló de que a comida non me gusta).

· a Belén Esteban como comentarista número 1 do anterior

· colchóns que che sacan todas as dores do corpo

· e aparatos que che "facilitan" esas tarefas do fogar que, si, ti, a que miras coa escoba na man, estás facendo neste momento, non sería marabilloso?

No entanto, creo que o resto do día a programación non mellora.

1 comentário:

Anónimo disse...

Píllasme lendo o libro das conversas con Walter Murch (El Arte del montaje, Ed. Plot), un dos montadores máis importantes de Hollywood e unha das persoas que revolucionou o mundo do son na industria cinematográfica independente.

Non é casualidade que unha persoa tan vencellada ó mundo do cine, e considerado un "Leonardo DaVinci" do noso tempo, afirme sen nengún tipo de pudor que case non ve películas e que NUNCA adica o seu tempo a sentarse fronte ó televisor.

Despois de todo, soamente é noticia aquel acontecemento de carácter negativo ou dramático e son contadas as ocasións nas que podemos gozar dunha noticia que faga referencia a algo constructivo.

O consumismo e o conformismo son as enfermidades crónicas, as pandemias contra as que debemos vacinarnos.

A cura é ben doada: aportar solucións (por estúpidas que nos parezan), non dar nada por suposto (dille que @ queres) e deixar de vernos o embigo para escoitar o que a Terra ten que dicir