
Á dereita da foto a Studenterhuset.
Os mércores os erasmus de Aalborg reúnense na Studenterhuset, un local público que pertence á universidade e fan concertos, actividades e serve de congregación de xente de todas partes do mundo neste día. É a primeira vez que coñezo ese mundo desde dentro. Teñen un "book face" e alí entéranse de todo, excursións, festas...
O venres hai convocada unha, festa, claro. "See you on friday" era o máis repetido na despedida. O mércores para coñercerse, primeiras aproximacións e ver por onde van os tiros (un cadro xigante de home e muller nús de cintura para abaixo no local) e o venres bacanal, vamos, que "vas ao que vas" segundo me informan por aquí.
A salientar, en xeral, do encontro:
- estaba cheo de morenos, pouca exclusividade para as sureñas europeas (e vou falar en masculino porque o 80% eran varóns).
- a uniformidade no vestir respecto a Coruña -que é o que coñezo- (a globalización é o que ten, non só na festa, senon tamén pola rúa).
- tendencia a formar grupos homoxéneos segundo xénero.
Ricas anécdotas:
- pásame igual cando vou a congresos (é o que me acordo agora) e hai xente diversa: de repente estou nas súas terras, xeito barato de viaxar ( e sei quen ía disfrutar moito analizando todos e diferentes riscos faciais).
- vin a un tío cunha camiseta do bloque de Arzúa e fun sen pensalo a falar con el (pobre, asustouse todo) xa que teño familiares militantes e no goberno dalí. Regaláralla non sei quen, nada que ver coa familia. O caso é que por uns segundos esquecín que estaba nun lugar do norte de Dinamarca e falaba en galego cun rapaz de Santiago que fai un master de enxeñería industrial.
- tamén puxen a proba o meu inglés; hai que ver a fluidez que che da o alcol! (todo o contrario ao estado de urxencia no que me vin no aeroporto de Copenhague, que nin entendía, nin era capaz de enlazar ren neste idioma). E non vexades como lle dicía ao camareiro (estudante voluntario) "in Spain is more!" cando vin aqueles mililitros de wisqui no vaso. Non houbo maneira de convencelo.
- o máis surrealista foi cando falaba cun rapaz de San Diego en inglés e el en español (Nasas! tiven conversa con el grazas aos vosos datos e ao Seminario de Políticas Migratorias).
2 comentários:
Ola abuela: Disfruta desas vacacións, xa vexo que andas a solicializar por terras danesas. Unha aperta. Belén
Gracias Belenix!!estou niso!!
Enviar um comentário