sexta-feira, 23 de outubro de 2009

CLAUSURA

Gracias a todas aquelas que me seguíchedes e vos emocionastes nas visitas a este blog que pecha as súas portas.

Gracias a todas aquelas que me seguíchedes e vos emocionastes nas visitas a este blog que pecha as súas portas.

Morre, porque nace outro blog de idea literaria

relatos pequenos

Espero que vos guste. Vémonos alí.

domingo, 25 de janeiro de 2009

Viaxe a América (II)


Nesta viaxe trasatlántica tivemos a oportunidade de coñecer outros lugares: Colonia del Sacremento, primeira vila uruguaya que nos acolleu para descansar a viaxe en avión e que me gustou especialmente; Montevideo que nos uniu con Punta del Diablo; Chuy, cidade comercial atravesada pola fronteira Brasil-Uruguay e un día en Bos Aires.


Despois de visitar Caminito en Boca. Collendo o colectivo para voltar ao hotel na rúa Lavalle, Buenos Aires.


Caminito por excelencia.


Caminito.


Caminito.


Selección de lixo no Chuy brasileiro.


Chuy. Parte brasileira. Apréciese la imagen de la tienda: plaza de toros con sus elementos.


Unha das vilas ao norte de Punta del Diablo. Camiño a Chuy.


Cores do Caminito en Boca. Buenos Aires.


Montevideo. Parque Jose Batlle y Ordóñez.


Montevideo.


Montevideo.


Montevideo. Después


Entre Colonia del Sacramento e Montevideo.


Ristorante Gibellini. Despois de bañarnos no Mar de la Plata a nosa cea de nadal foi neste acolledor restaurante co chef Gibellini e camareira especiais e delicatesen culinaria. De fondo musical un clásico e prácido concerto de nadal.


Outra prespectiva.


Detalles máis....


Colonia del Sacramento.


Praia en Colonia e Mar de la Plata. Boto de menos o calorciño deste momento....


Colonia del Sacremento.


Detalle de Caminito.


San Telmo. Menos "obrero y trabajador". Buenos Aires.


Montevideo. Dende a estación de autocares Tres Cruces.


En Chuy, parte uruguaya; a cola do caixeiro automático, disuadindo....


El verdadero Caminito. Uns metros máis aló do vixiado e extra-turístico Caminito. Atopamos un bar de "obreros y trabajadores" de Boca. O colectivo 29 foi o que nos levou alí.

segunda-feira, 19 de janeiro de 2009

Un domingo polaco


Hoxe é domingo. Concentrada na lectura de textos sobre inmigración lin este artigo sobre os inmigrantes polacos en Madrid do 2001.

Atopeino a raíz dunha busca en google sobre as pautas de consumo da poboación estranxeira; cando lía o xornal e vin aqueles bolivianos no piso que lle aluga de Juana Chaos cun gran televisor ao lado ocupando a metade da imaxe quixen saber: cal é o/os aparato/s electrónico/s para o fogar que os inmigrantes mercan primeiro en canto teñen a posibilidade? Non estaría mal esta aportación da socioloxía do consumo para as empresas de novas tecnoloxías.

Pero así foi como atopei este artigo dos polacos en Madrid e lonxe de anotar as súas pautas de consumo fiquei co seu sistema de transacción transnacional que relata o autor de xeito secundario neste domingo polaco:

“…El domingo es el único día de descanso y por tanto para muchos de los inmigrantes tiene una importancia especial. Sin embargo, el domingo para muchos tiene un orden que se repite casi todos los domingos. Una de las mujeres describió así su domingo:

Por la mañana voy al mercadillo [mercadillo polaco en Aluche] para comprar revistas polacas y ver a mis amigos, porque tu puedes ver casi a todo el mundo. Después quedo con mis amigas y vamos a un parque como el Retiro o uno que está muy cerca de Aluche. Después vuelvo a casa, como y a las 5.30 de la tarde tenemos misa, entonces veo a mi hermano que trabaja aquí en la construcción, cenamos en su casa y después me quedo hablando o vamos a ver que pasa en el centro (M25, 2).

Esta declaración refleja una estructura de domingo que se repite en otras entrevistas. La visita al mercadillo polaco por la mañana y después la misa polaca son dos elementos que ordenan todo el día.
El mercadillo polaco es un verdadero mercado alternativo de productos y servicios organizado por el colectivo polaco en Madrid. En realidad es un aparcamiento que se encuentra en frente de la estación del metro de Aluche. Todos los domingos alrededor de las 11.00 de la mañana vienen minibuses que traen paquetes mandados por las familias que se encuentran en Polonia, venden diversos alimentos polacos difíciles de comprar en España y además prensa. Durante unas 2 horas los inmigrantes polacos no sólo pueden comprar lo que quieren o necesitan sino también mandar recados y paquetes. Los minibuses ofrecen viajes a Polonia a precios muy bajos. Todo está realizado a través de una multitud de pequeñas empresas familiares que todas las semanas circulan entre Polonia y Madrid. A pesar de los servicios presentados, como ya se ha dicho el mercadillo polaco es también un lugar de encuentro, de vida social e intercambio de información. El papel de este lugar de encuentros en la vida de los polacos está descrito en la siguiente opinión:

Voy al mercadillo incluso si no tengo nada que mandar ni comprar. Allí te enteras de todo. Cuando hay un trabajo la gente te informa o te vende el puesto de trabajo allí. Te encuentras con tus amigos y vas a tomar una cerveza. (V53, 4)

Otro momento del domingo es la misa polaca en una iglesia madrileña. De modo muy parecido al “mercadillo polaco” la misa también es un lugar de encuentro y punto de información. Hay que destacar la importancia del papel que desempeñan los sacerdotes polacos. Ellos son los que organizan las redes de ayuda, recogen y reparten información y coordinan la ayuda a los más necesitados.”


Extraído de
STANEK, M. Los inmigrantes polacos en Madrid. Una etnografía de la vida cotidiana. Scripta Nova. Revista electrónica de geografía y ciencias sociales. Barcelona: Universidad de Barcelona, 15 de mayo de 2003, vol. VII, núm. 141, . [ISSN: 1138-9788]

segunda-feira, 12 de janeiro de 2009

Punta del Diablo (I)



Novamente a imaxe é protagonista do blog. A viaxe a Uruguay sen cámara salvo as do móbil que xa comprobáchedes cando fun a Aalborg que non son de moi boa calidade; desculpade novamente este factor e aquí vos deixo unha pequena mostra do que chamou a atención dos nosos ollos.

Mañá máis!



As dunas da Viuda.




Voando a cometa nas dunas da praia da Viuda. Aquí si que voaba, había vento!!


As olas da praia da Rivera.


Punta e o océano.



Acto solidario de varóns para sacar da taghea o coche dunhas rapazas (brasileiras?). A rapaza, unha vez sacado o coche, volveu meter a roda no buraco!!!



Fumando espero al hombre que yo quiero, entre cristales de alegres ventanales y mientras fumo mi vida no consumo..... banda sonora da viaxe. Manda carallo.




Alacrán dentro da lámpada na habitación.



Buufff, estaba ampliado! Pero días despois vimos un do tamaño anterior.... ñhseisssss




Vistas ao solpor dende a acolledora cabana Manuela. Non se aprecia o océano nesta foto, pero estaba aí co seu son, co seu azul, coa súa loucura.



Mocidade, cores, paiasos o día 1 de xaneiro na praia de Pescadores.



Ás 6.00 am. e fomos voar a cometa a praia Grande.



Sentementos ás 8.00 da mañá



Sentementos ás 8.10 da mañá




Mentres eu escribo na area.



Escritos máis


Dende as rochas.


Unha das cabanas máis orixinais con formas de barcos.



Nunha igrexa evanxélica (creo). Acertada imaxe para os "estudos" biblícos!

sábado, 6 de dezembro de 2008

Non quero ser Doris Day


Novamente recupero á escritora Inma López Silva nunha tardía e inesperada entrada. Ven de publicar a súa última novela Memoria de cidades sen luz. A presentación do libro convenceume para mercala. Seica desas que enganchan e les dun tirón; perfecta para 13 horas e 20 minutos en avión destino Bos Aires.

Pero as ganas lectoras fixeron que esa mesma noite xa comezara e, como sabedes, gústame sacar foto a parágrafos e rexistralos no meu arquivo compartido que é este blog:


"... Algunha vez incluso Lucía foi con Casal ás reunións dos da Irmandade e do partido, pero chegou dicindo que non lle gustaba o ambiente, que eran demasiados homes e que na política deste país había que reinventar todo e volver empezar, porque eran as súas esposas, agás excepcións, as que lles daban as ideas, os cartos e os ánimos para facer cousas.

(...)

"Lucía dicía sempre que serían irmandadas, serían republicanas e, sen ningunha dúbida, eran femininas, pero non tiñan nin idea de nada máis. Cando Isaura chegaba con algún panfleto da Irmandade collido na rúa, Lucía púñalle un té e regaláballe un mitin privado, dicindo que empezaría a crerlles a doutrina política o día que a exercesen nas súas casas e puxesen os seus homes a prepararlles o xantar porque, en definitiva, as da Irmandade Feminina eran as criadas dos maridos e dos irmáns, incluído o mesmísimo Ánxel Casal. Irían de feministas, comentaba Lucía nos seus rautos de insidia, pero ninghunha delas deixara de casar, nin deixaran de coser, cociñar ou pasar o ferro para que os seus homes fosen a impecábel envexa de todas as mulleres da Coruña..."


Parágrafos extraídos das páxinas 23 e 30

terça-feira, 30 de setembro de 2008

Na piscina

O soliño da mañá daba na pista número dous. No seu ascenso do mar os seus raios cruzaban o xigante cristal-parede da piscina municipal. Parecía que quentaban a auga e convertían as burbullas que saían dos meus dedos en peixes diamantes que bulían cara a superficie.

A esas horas séntese o silencio do espertar. Os veciños de pista son os xubilados que nadan tranquilamente acorde co seu ritmo ralentizado do ciclo da vida. Transmiten paz.

Mudarei de horarios.

terça-feira, 16 de setembro de 2008

Grazas

Belén, recordas a conversa que tivemos sobre que dun ano para aquí a xente, en xeral, remataba os meils con grazas en vez de gracias?

Cando regresaba da piscina fixen reflexionar espontáneamente dúas veces seguidas a un "kiote de Montealto" que estaba sentado nas escaleiras (o "eh" expresa o momento) ; pregúntame amablemente co seu koruño perfecto:

- Perdona: me dice la hora que a mi esto no me va (referíase ao móbil).

- Si, un segundo (teño que coller o meu do peto do pantalón): as tres e sete minutos.

- Moitas gracia-eh-moitas grazas e-eh-anda que con esto hubo un lío que te cagas

(ergueuse, debía chegar tarde e seguía falandome ao lonxe)

y al final la peña dice graciñas
.


Que simpático.

quarta-feira, 10 de setembro de 2008


CAGO

na Igrexia

no poder político

na sociedade de consumo e


no nacional-catolicismo!!!!

sexta-feira, 15 de agosto de 2008

Vai de música


Eu que levo a gravadora como estampación das viaxes pasadas, deime conta que a música tamén me serve para iso. Onte merquei un mp3 ao comprobar o maravilloso que ir escoitando Väsen mentres camiño polo paseo marítimo. Estreeino na viaxe en tren Coruña-Ferrol con La machine, alucinante mistura. Algunha música fai que o meu pasado veña ao presente, pero máis ben da vida cotiá, da infancia... Neste pequeno traxecto entereime que cando volva a escoitar La machine, recordarei esta viaxe brillante, mariñeira, gustosa.

Mais o motivo da entrada é falarvos dese "famoso grupo italiano" Fundación Tony Manero mentres escoito o disco ben fresquiño e vinílico de Eclectica Ensemble (Umm maravilla das perspectivas abertas).

Iso, que por fin vinos en directo e, sinxelamente, quería contarvos que me encantan. Directa a súa discografía ao rosa e novo mp3.

Por alí, no concerto, tamén estaban os Loretta Martin outro grupo que fai fanki (meu) que me gustan moito. Cando falo deles sempre engado á conversa que fan falta grupos así.




Vivan as mentes voadoras sen prexuizos localistas.

quarta-feira, 6 de agosto de 2008

Veráns coruñeses


Coma en todos os lados, "hai xente boa e xente mala". Din dos coruñeses ceteuves (coruñés de toda la vida) que son uns pijos e viven da apariencia; non nego que haxa unha tendencia xeral, pero eu, que levo 10 anos vivindo aquí, tiven a sorte de atoparme ceteuves do mellorciño e non farto de repetilo cada vez que escoito a funesta expresión sobre os cidadáns herculinos.

Eles ensináronme os sitios que vos vou mostrar máis abaixo; aquí, ao lado da Coruña hai paraísos deses que permiten que esquezamos todo e podamos gozar do monte, do mar, da natureza sen extenuar.

Novamente teño que pasar os meses de estío nesta cidade (pásamen aquí desapercibidos) e estas evasións fanme vivir verdadeiras tardes e días de verán.

Grazas a vos que me ensinades, acompañades e queredes.


Cala en Carnoedo. Sen normas e moitas minchas!!


Baixada á Cala en Carnoedo.


En Dexo. Moi pretiño da Marola: a tartaruga que vedes aí detrás!


Praia de San Pedro de Veigue.



terça-feira, 22 de julho de 2008

leite, xema e sucre


A entrada provisional vai quedar en definitiva polo momento; seguro que terei máis dunha ocasión en volver falar deste trío-cuarteto, que sí, efectivamente, son os compoñentes de Bonovo e que acaban de sacar un bonito disco.

Levo días querendo facer unha entrada; sei o que é pasar por un blog e ver que segue esa última composición durante días, meses... e ti que querías desconectar un anaco do traballo pasas polo blog e eu non dou chicha para entreter os segundos que te permites de vez en cando. E logo que se sumen novos lectores... e ti promentendolles telo actualizado e nada, que non me xurden ideas...

Ideas teño, pero teño que elaboralas, traballalas.... facelas entendibles pola comunidade cibernética o que me supón concentración, dedicación e nestes momentos píllame un pouco a desmán.

Co que estes días ando con este debate sobre que entrada facer... máis esta tarde, hoxe, que estou tirada na cama sen poder traballar nin ir á praia porque tiven un corte de dixestión (ei Rita!, fíxenche caso. Logo vos conto); pero deixoume cun pouquiño de enerxía para poder escribir estas cousiñas e recibir visitas.

Sí, visitas. Viñeron verme Rita e Mariola (novamente apareces) e xusto lles comentei o meu debate sobre o blog. Rita suxeriume que contara o que me pasara hoxe, o do corte de dixestión e a descoñecida causa do mesmo, ou das gaivotas símbolo do pepé e que hoxe tiveron que rescatar a unha cría do patio interior (para as que coñecedes a miña casa: interior do interior, claro). O caso é que marcharon coa miña promesa que ía recostar a pensar na composición a facer.

Na visita á cociña estaba a chave: nin Cristina Peri Rossi nin Ousmane Sembène nin Paula Carballeira (sabedes que son dada a poñer textos doutras): enriba da mesa, perfectamente preparada, entre pirámides de poboación de colombianos que chegan a Galicia no 2006 a RECEITA DE NATILLAS da miña tía. Aí vai:



1º) 6 xemas de ovo, ben separadas da clara (as próximas vounas facer co dobre que teño invitados moi larpeiros)

2º) por cada xema, 1 pocillo de leite dos pequeneiros.

3º) 3 culleradas rasas de sucre


Revolve a pouco lume, sempre remexendo. Para quecer o leite, pódeslle poñer un pouco máis de lume, pero logo báixamolo porque fanse a lume lento; sempre remexendo ata que empezan a espesar aos 10-15 min.


Compróbase sacando a culler e a veces se ves que empeza a "coller cousas brancas" é porque se corta e temos que apagar o lume. E se fai grumos pasámolas por un coador.

Déixanse enfriar e cando estean listas tapámolas (con eses prásticos transparentes) e metémolas na nevera.



Xa me contaredes!

sexta-feira, 20 de junho de 2008

Entrada provisional. Pero se queredes ide respondendo: Quen son estes tres?


A) os irmáns ilexítimos de Amancio Ortega

B) investigadores de física cuántica da Universidade de Wisconsin
C) os compoñentes de Bonovo