Mostrar mensagens com a etiqueta Catoira. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Catoira. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 30 de novembro de 2007

Catoira en Jaén

"Catoira! ven pa quí!!" grítame Manuel cariñosamente. Xa tiveramos pequenos cometarios nas coincidencias das rutinas ao longo do seminaro. Pero hoxe coñecino nun descanso: "claro gallega"

E preguntoume de donde era; ilusa de min díxenlle Coruña, porque é o máis coñecido e dime: "yo lo que conozco son las Rias Baixas, Catoira: Dimo" Buah que forte, que me digan unha parroquia de Catoira. Continúa: "de allí me traje una niña!" que fuerte!! pregunteille se a adoptara e comezoume a contar que coñecía a Ramona Castaño, veciña de alí e concellala no seu momento do PSOE de Vilagarcía e a Javier (Gago, claro, o alcalde). Seica Ramonita (que é como a coñecemos na miña casa _acaba de lerchearme a tía Fina que se separou) deixoulles a casa todo o mes de agosto de 1999 e coa súa compañiera viaxaron por Cambados (o que máis lle molou), Combarro, toda a costa da morte, Padrón recordábao con pracer.

Entre ribeiro e ribeiro, albariño e albariño e boa comida o tío enxendrou xunto coa súa moza á filla que ten agora. Colleume cariño, tróuxenlle bos recordos, semellaba feliz. Faloume do curman de Touriño que é de Vilagarcía e estaba postísimo no que está a acontecer en Galicia, por exemplo, o pase a propiedade da Xunta da illa de Cortegada, o do pazo de Meirás ("ese hombre pequeño"...), poñia boa intencion co galego, gustáballe (Galicia gústalles a todas as persoas que me preguntaron e tiven a oportunidade de falar con elas), en definitiva un coñecedor e un vividor da realidade galaica.

No aperitivo final, xusto despois de chamarme "Catoira!" contáballe a un o caso do mes en Gondar: "y Ramona, anda que ella sabe que a los que nos gusta la bebida... me enseña la bodega llena de orujo y que podía disponer de ella; claro, despues de mis almejas de Carril, las vieiras y mis vinitos llegaba a la bodega y le daba al orujo, ohh, que rico" (non me estraña que quedara con regusto galaico). E logo segueme a contar: "yo hice el camino de santiago, sabes desde donde". Eu sumei os seus comentarios e concluín: "de bar en bar" e riuse, notábase a conexión da cultura de bar que soubo pillar moi ben e dixo que fora da praza do obradoiro para adentro, ese foi o seu camiño.

En fin, vos podedes imaxinar como é fisicamente Manuel R. S., (seino porque ao final deume a sua tarxeta ao preguntarlle que facía alí no seminario, se viña dalgunha universidade. "no, qué bah!, te dejo mi tarjeta" Coordinador de políticas migratorias da provincia de Granada, Belén, toma nota para a túa tese): panza de vividor e bigote e un falador falangueiro agradable.

Un bon broche final para quedarme cun bo recordo dun seminario que comecei un pouco incómoda en canto a acollida e dinámica do mesmo, pero que ao final sentín a calor dos asistentes que coñecín e me coñeceron.

quarta-feira, 12 de setembro de 2007

Oeste, Catoira, Anxos Sumai

Acabo de chegar de Catoira, é tarde, pero teño ganas de facer unha nova entrada. Desta vez elixín un fragmento dunha escritora que veu a mesma luz do sol de outono, uliu o mesmo olor a piñeiro e alquitrán ca min. O seu texto "Melodía de días usados" é capaz de transmitirme (inda que nos separen 19 anos) eses sentimentos sentidos na terra que nos criou, Oeste (Santa Baia para os crentes) e que noutra nova entrada escribirei; mais desta vez seleccionei un anaquiño que no momento da súa lectura levoume a terras máis nórdicas:

SUMAI, A. (2005) Melodía de días usados, Galaxia, Vigo (Páxinas 33-34)
“SABOR DO DESEXO. Amo a alguén. É unha sorpresa incluso para min, pero agora teño que subir no autobús. Sentarei ao lado da ventá e soñarei todo o tempo con ese alguén que amo e que me ama. Modelareino á medida dos meus desexos, dareille forma ao seu alento, á súa respiración, en cada son pneumático da porta do bus ao abrir. Sentirei o seu corpo nas miñas mans como se o acariciasen dende sempre o meu cuspe saberame ao seu cuspe adozado co sabor do tabaco rubio, saberame á acidez das gotas de suor que a miña lingua atrapou nun lento percorrido polas pregas da pel máis agochadas do seu corpo. Agora desexo a alguén e podo facer que me ocupa as cavidades máis íntimas con só pechar os ollos. Estremezo. O desexo sepárame as dedas dos pés e faime doer doce o estómago. Pecho os ollos e sinto, pecho os ollos e sei que me senten.
Cando o bus aparca abóndame con que o corazón siga latexando desta maneira..."

pd. encántame o gatiño da portada