Mostrar mensagens com a etiqueta poesía. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta poesía. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 5 de junho de 2007

de "Un cuarto de seu" (I)


Seguimos con Woolf e un fragmento dunha obra pola que acostuma ser máis coñecida: Un cuarto de seu. Na páxina 82 da coedición do SGI e Sotelo Blanco (2005) lemos isto:

"... Se a señora Seton, a súa nai e a nai da súa nai coñecesen a arte de facer cartos e deixasen os seus cartos, como os seus pais e os seus avós, para crear prazas de profesor, axudantías, premios e bolsas destinados para o uso do seu sexo, se cadra agora poderiamos estar ceando moi aceptabelmente, soas aquí arriba, unha ave e unha botella de viño; poderiamos esperar, sen exceso de confianza, unha vida agradábel e honorábel ao aveiro dunha das profesións liberalmente subvencionadas. Poida que estivésemos explorando ou escribindo; folgando polos lugares venerábeis da terra; sentadas contemplativamente nas escaleiras do Partenón, ou indo á oficina ás dez para volver comodamente á casa ás catro e media e escribir un pouco de poesía. Se a señora Seton e as súas semellantes se metesen en negocios aos quince anos, daquela -ese era o problema da argumentación- non existiría Mary. Que pensaba Mery diso? -preguntei..."

Queda para outra entrega...

quarta-feira, 30 de maio de 2007

POESÍA + Música + Arte Plástica



O vindeiro 7 de xuño teredes a oportunidade
de volver a ver a nosa compañeira LÍA




escoitaremos os seus poemas acompañados e
integrados noutras artes: os sons de Manu Clavijo e as imaxes plásticas de Ángela e Ramiro.







Alí estará no Centro On (no Cantón pequeno)
ás 19.30!!

sábado, 12 de maio de 2007

poesía social re-actualizada?


Pi pi po

Pi po po

Pi


Mónica acude a caja seis, por favor

Buenos días


Pi tomate en rama

Pi nata desnatada

Pi cenorias


pota cama comida
ventás facer fregar
as once corenta e nove
chegar mandil cortar


Pi patacas

Pi
allo

Pi
mazás


euros bolsas díxitos
xornada saldos contar
miña casa á noite tarde
a caixa facer pechar


PI vinte euros con catro;
catro
as cousas que levo

[está cara a vida]

Muchas gracias
Hasta luego


Pi po po

Pi po po

pi

de poesía

Pois, si, a miña vida non somentes xira entorno á socioloxía; fai uns meses tamén descubrín que hai artes que non se me dan mal de todo: refírome á poesía.

Estaba vendo un documental, deses de despois de xantar, non, non da "2", que hoxe é sábado, documental na "galega". Si, xa fai tempo que de resaca podemos ver algo decente e non "Encontros" recordades aquel programa, se se lle pode chamar, presentado por aquela muller, como diría eu.... diria eu.... non me sae nada positivo (co que é mellor deixalo). Ao caso, que, como non, ía de María Mariño e (como non, ten que haber un home detrás, parece que as mulleres non podemos estar presentes na historia sen unha figura masculina ao lado) Uxío.

Así que recordei a miña faceta poética nada vai pouco tempo; unha coincidencia de factores que vos contarei noutro momento. Porque agora quero (ou quería) poñer dispoñibles os dous poemas que escribín para o recital de poesía produto dun obradoiro impartido por Iolanda Castaño.

Digo quería, porque non sei como colgalos..., ah, xa sei poño un par de entradas e listo.

Escribín outro máis e teño varias ideas na cabeza (pelotazos, xoguetes, limpiadoras) e como me recomendaron varias voces, vou seguir escribindo cada vez que me veña iso que lle chaman inspiración. Esoutro, foi escrito para unha persoa moi especial (en xeral e para min) co que o seu uso xa queda nas súas mans, pero podédelo ver no seu blog que é zonadazanfona.blospot.com