Mostrar mensagens com a etiqueta IGE. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta IGE. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 28 de março de 2008

Aproximándonos á estatística

O IGE acaba de facer público un portal de carácter didáctico para ensinarnos a facer uso da Estatística. Está deseñado para alumnado de secundaria e bacharelato, pero ademais, baixo o meu punto de vista, é un bo medio para todas aquelas persoas que queren acercarse dun xeito sistemático e fácil á estatística. Incluso diría que ameno.

A veces, cando nos poñemos a utilizala dubidamos de cousas coma calcular o crecemento anual dunha poboación ou facer un grafiquiño en excel, sinxelamente porque na nosa formación (para os que tivemos oportunidade) nos explicaron o seu significado e como calculado con fórmula, pero non nos ensinaron como iso se facía en programas informáticos ou, mesmamente, como baixar os datos dos institutos oficiais de estatística.

Creo que este portal é unha boa referencia e unha ferramenta para axudarnos a traballar neste senso ou aproximar a todos aqueles que idean a estatística como "cousa para matemáticos" e/ou teñan certo desagrado pola mesma. Ou, no me caso, que estou máis acostumada a tratar as estatísticas de poboación aquí móstrame como utilizar outras, por exemplo, de corte máis económico coma os "prezos" e non me avergoña nada recurrir á páxina inda que sexa para alumnado de secundaria.



Esta é a dirección
http://www.ige.eu/educacion/index.htm

E esta é a nota de prensa na que se resume o seu contido
http://www.ige.eu/estatico/pdfs/s5/notas_prensa/portal_educativo.pdf

E se queredes achegarvos dunha maneira aínda máis divertida tedes este libro:
Gonick, Larry & Smith Woollcott (2001) Á estatística, ¡en caricaturas!, SGAPEIO, Santiago de Compostela.

Ánimos!!




quinta-feira, 28 de junho de 2007

Un pouco de socioloxía corporativa

Non é por facerlle publicidade a google, pero entre os servizos que ofrece curioseei e, ademais, do Picasa para enviar fotos (se tes conta de correo google) que me contaron onte, atopei un traductor, que, en principio, convenceume e un buscador de blogs.

Levada polo egocentrismo blogueiro a ver se atopaba o meu blog no buscador introducindo a palabra "socioloxía" vin que non estaba mal posicionada, de cuarta. Pero ademais disto tamén quixen buscar quen se dedica ou ten a mesma interese ca ti.

Pois atopei a través da entrada "socioloxía ocioloxía" un/unha compañeir@ sociólog@ que acaba de crear unha zona que pretende de interactuación sociolóxica e que, non so coindicidimos en disciplina, senón que centrouse no IGE. Hai unha entrevista a Rosa, traballadora do Servizo de Difusión do IGE e aparezo nomeada por alí... Terei que investigar quen hai detrás!!

En fin, engadirei a ligazón ás miñas zonas coñecidas.

domingo, 29 de abril de 2007

Son socióloga experimentada

Un saúdo que acabo de chegar! Disposta a ser partícipe da famosa blogosfera, que xa está creando estudos e análises sociolóxicos.


Deixo un par de imáxenes, referidas ás institucións que me levan formando dende fai varios anos: a cafetería de socioloxía (porque non teño fotos do sonado "despacho de alumnado") e, agora, si que máis serio,
o Instituto Galego de Estatística. unha tarta de nata que por dentro semella a ponte dun barco, segundo o arquitecto.