Mostrar mensagens com a etiqueta viaxes. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta viaxes. Mostrar todas as mensagens

domingo, 25 de janeiro de 2009

Viaxe a América (II)


Nesta viaxe trasatlántica tivemos a oportunidade de coñecer outros lugares: Colonia del Sacremento, primeira vila uruguaya que nos acolleu para descansar a viaxe en avión e que me gustou especialmente; Montevideo que nos uniu con Punta del Diablo; Chuy, cidade comercial atravesada pola fronteira Brasil-Uruguay e un día en Bos Aires.


Despois de visitar Caminito en Boca. Collendo o colectivo para voltar ao hotel na rúa Lavalle, Buenos Aires.


Caminito por excelencia.


Caminito.


Caminito.


Selección de lixo no Chuy brasileiro.


Chuy. Parte brasileira. Apréciese la imagen de la tienda: plaza de toros con sus elementos.


Unha das vilas ao norte de Punta del Diablo. Camiño a Chuy.


Cores do Caminito en Boca. Buenos Aires.


Montevideo. Parque Jose Batlle y Ordóñez.


Montevideo.


Montevideo.


Montevideo. Después


Entre Colonia del Sacramento e Montevideo.


Ristorante Gibellini. Despois de bañarnos no Mar de la Plata a nosa cea de nadal foi neste acolledor restaurante co chef Gibellini e camareira especiais e delicatesen culinaria. De fondo musical un clásico e prácido concerto de nadal.


Outra prespectiva.


Detalles máis....


Colonia del Sacramento.


Praia en Colonia e Mar de la Plata. Boto de menos o calorciño deste momento....


Colonia del Sacremento.


Detalle de Caminito.


San Telmo. Menos "obrero y trabajador". Buenos Aires.


Montevideo. Dende a estación de autocares Tres Cruces.


En Chuy, parte uruguaya; a cola do caixeiro automático, disuadindo....


El verdadero Caminito. Uns metros máis aló do vixiado e extra-turístico Caminito. Atopamos un bar de "obreros y trabajadores" de Boca. O colectivo 29 foi o que nos levou alí.

segunda-feira, 12 de janeiro de 2009

Punta del Diablo (I)



Novamente a imaxe é protagonista do blog. A viaxe a Uruguay sen cámara salvo as do móbil que xa comprobáchedes cando fun a Aalborg que non son de moi boa calidade; desculpade novamente este factor e aquí vos deixo unha pequena mostra do que chamou a atención dos nosos ollos.

Mañá máis!



As dunas da Viuda.




Voando a cometa nas dunas da praia da Viuda. Aquí si que voaba, había vento!!


As olas da praia da Rivera.


Punta e o océano.



Acto solidario de varóns para sacar da taghea o coche dunhas rapazas (brasileiras?). A rapaza, unha vez sacado o coche, volveu meter a roda no buraco!!!



Fumando espero al hombre que yo quiero, entre cristales de alegres ventanales y mientras fumo mi vida no consumo..... banda sonora da viaxe. Manda carallo.




Alacrán dentro da lámpada na habitación.



Buufff, estaba ampliado! Pero días despois vimos un do tamaño anterior.... ñhseisssss




Vistas ao solpor dende a acolledora cabana Manuela. Non se aprecia o océano nesta foto, pero estaba aí co seu son, co seu azul, coa súa loucura.



Mocidade, cores, paiasos o día 1 de xaneiro na praia de Pescadores.



Ás 6.00 am. e fomos voar a cometa a praia Grande.



Sentementos ás 8.00 da mañá



Sentementos ás 8.10 da mañá




Mentres eu escribo na area.



Escritos máis


Dende as rochas.


Unha das cabanas máis orixinais con formas de barcos.



Nunha igrexa evanxélica (creo). Acertada imaxe para os "estudos" biblícos!

sexta-feira, 15 de agosto de 2008

Vai de música


Eu que levo a gravadora como estampación das viaxes pasadas, deime conta que a música tamén me serve para iso. Onte merquei un mp3 ao comprobar o maravilloso que ir escoitando Väsen mentres camiño polo paseo marítimo. Estreeino na viaxe en tren Coruña-Ferrol con La machine, alucinante mistura. Algunha música fai que o meu pasado veña ao presente, pero máis ben da vida cotiá, da infancia... Neste pequeno traxecto entereime que cando volva a escoitar La machine, recordarei esta viaxe brillante, mariñeira, gustosa.

Mais o motivo da entrada é falarvos dese "famoso grupo italiano" Fundación Tony Manero mentres escoito o disco ben fresquiño e vinílico de Eclectica Ensemble (Umm maravilla das perspectivas abertas).

Iso, que por fin vinos en directo e, sinxelamente, quería contarvos que me encantan. Directa a súa discografía ao rosa e novo mp3.

Por alí, no concerto, tamén estaban os Loretta Martin outro grupo que fai fanki (meu) que me gustan moito. Cando falo deles sempre engado á conversa que fan falta grupos así.




Vivan as mentes voadoras sen prexuizos localistas.

quarta-feira, 6 de agosto de 2008

Veráns coruñeses


Coma en todos os lados, "hai xente boa e xente mala". Din dos coruñeses ceteuves (coruñés de toda la vida) que son uns pijos e viven da apariencia; non nego que haxa unha tendencia xeral, pero eu, que levo 10 anos vivindo aquí, tiven a sorte de atoparme ceteuves do mellorciño e non farto de repetilo cada vez que escoito a funesta expresión sobre os cidadáns herculinos.

Eles ensináronme os sitios que vos vou mostrar máis abaixo; aquí, ao lado da Coruña hai paraísos deses que permiten que esquezamos todo e podamos gozar do monte, do mar, da natureza sen extenuar.

Novamente teño que pasar os meses de estío nesta cidade (pásamen aquí desapercibidos) e estas evasións fanme vivir verdadeiras tardes e días de verán.

Grazas a vos que me ensinades, acompañades e queredes.


Cala en Carnoedo. Sen normas e moitas minchas!!


Baixada á Cala en Carnoedo.


En Dexo. Moi pretiño da Marola: a tartaruga que vedes aí detrás!


Praia de San Pedro de Veigue.



sábado, 19 de abril de 2008

Haseris e lago Kridtgraven


Sei que vos gustan as fotos e por iso vou colgar algunhas máis da miña viaxe a Aalborg. Por certo, prestoume moito moito... Unha semaniña que compaxinei coa relaxación, busca da tranquilidade e a actividade xusta sen caer na obsesión"guiri" de, supostamente, aproveitar o tempo e querer velo todo (o máis turístico, claro). Eu so me empeñei en querer ver os verdadeiros museos dos meus detinos: os bares máis "escuros" do lugar (non teño documentos visuais, pero recoméndovos o Fedtebrod).

Un día collín de mapa e deixeime levar: os pasos guiáronme pola estrada de Haseris que polo mapa parecía un barrio da cidade. Pero en canto saías das rúas do centro aquelo xa era aldea: casiñas con xardín lindísimos, nada artificiais... Aquí vos deixo algunhas fotiñas.

















Nesta aventuriña cheguei ao lago Kridtgraven. Estaba un pouco escondidiño a pesar do grande que parecía no mapa. Ata aquí guioume unha muller do lugar do máis agradable e explicoume que era un lago artificial que se formou por afloramento da auga tras a extracción do mineral. Encantadora.

















Camiño que rodeaba o lago.

















Reflexo do sol no lago. Qué boa tarde!!
















Neste banquiño sentei a coller enerxías, levaba case 2 horas camiñando. Uummm, dábame o soliño na cara, que gustiño... iso si, levaba posto o chaquetón e o gorriño de la.

















Parece unha praia. Era coma pedra caliza.

















Construcción ao lado da igrexa

















A igrexa do lugar.

















Detalle dunha casiña que me gustou. Recordábame á da Familia Monster!

















Camiño que bordeaba o lago.