Mostrar mensagens com a etiqueta Montealto. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Montealto. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 13 de julho de 2007

A Muiñeira de Chantada

"Pois por eses cartos xa levas un bo instrumento, de calidade, máis que decente. Non é de colgar na parede, senón para que o toquen profesionais"

A qué instrumento se está a referir este home?? A verdá é que saquei esta frase dunha nova da Voz de hoxe que me fixo moita gracia: "La Xunta compra 55 gaitas de mil euros para regalar a emigrantes" e, en letra pequena, "Nuevos puentes musicales en la diáspora gallega".

Pero o que máis me fixo rir foi el pieglo de prescripciones técnicas:

"De acuerdo con el pliego de prescripciones técnicas redactado por la Xunta con motivo de esta operación, solamente se comprarán «gaitas que correspondan á tipoloxía tradicional galega, con madeira de granadillo, anelado en metacrilato, fol de Gore Tex, con veludo en cores variadas...». «Entregaranse listas para tocar, en funda ou bolsa acolchada"

E que me fixo tanta gracia todo o artigo en si e, de repente, cando acabas de ler "tipoloxía tradicional galega" e comezan a imperar en ti materias primas clásicas aparece o granadillo, o metacrilato e a guinda: o Gore Tex!! que pasada!

E máis adiante engádese "listas para tocar", a verdá é que me amenizou esta noticia máis o vermú que tomei co meu amigo Verdini. Un vermú tomado nas veas de Monte Alto, nun dos clásicos das súas ruelas (non me acordo do nome)e recordei a lectura recomendada dun artigo de Manolo Rivas e que está colgado na web das Maribolheras Precarias.

Lédeo sobre todo os que sentides Montealto como o voso barrio, a vosa casa. Tras a lectura, e como sempre me pasa cos textos de Manolo Rivas capaz facerme aflorar os sentimentos máis profundos, concluín que debo estar orgullosa de vivir aquí.

Nunca o esquecerei bailando a Muiñeira de Chantada.

sábado, 2 de junho de 2007

Polas veas de Montealto

Hoxe descubrín varias cousas de Montealto; pero vou destacar dúas:

1) unha peixaría co galego como idioma de atención ao público: para o nome dos peixes usábase o científico como referencia e logo o galego. E os paneis informativos tamén no mesmo idioma. Decidín ser clienta habitual.

2) a Travesía Colon. Cando subía do museo que vos conto na anterior entrada, deixeime levar e pasei por un ruela que ata o de agora sobreviviu á construción masiva; non é unha casiña solta, desas que che fan pensar no pasado mariñeiro de Montealto, non. Eran duas ringleiras delas, seguidiñas, unha detrás da outra que definían o carreiro polo que eu pasaba.

Ide por alí