Mostrar mensagens com a etiqueta melodía de días usados. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta melodía de días usados. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 25 de outubro de 2007

Máis dedicatorias: aos músicos

Veña outra dedicatoria; esta xa a tiña gardada. Pero coincidiu que a miña curmá gustoulle moito a entrada de Anxos Sumai e decidín repetir para dedicar esta entrada aos meus amigos músicos. Espero que vos guste.

“MUSICOS ARDENDO EN CUBA ... recordamos que na aldea a xente tardou bastante en afacerse á presenza das teles na casa e había algúns velliños que lles pedían desculpas aos presentadores cando se sentaban a comer e incluso lle facían o convite: “Se gusta, poñémoslle un prato”. Un sábado pola tarde andaba eu, precisamente, pola casa de Helena axudándolle a limpar azulexo do baño e entón apareceu a súa avoa, unha vella arrichada coma un allo, a berros polo corredor. Unha subida de tensión eléctrica fixera que o aparato de radio comezase a arder. A mulleriña non facía máis que gritar:

- apagha a radio María Helena que arden os músicos...”

Extraído de SUMAI, A. (2005) Melodía de días usados, Galaxia, Vigo (Páxina 155)

quarta-feira, 12 de setembro de 2007

Oeste, Catoira, Anxos Sumai

Acabo de chegar de Catoira, é tarde, pero teño ganas de facer unha nova entrada. Desta vez elixín un fragmento dunha escritora que veu a mesma luz do sol de outono, uliu o mesmo olor a piñeiro e alquitrán ca min. O seu texto "Melodía de días usados" é capaz de transmitirme (inda que nos separen 19 anos) eses sentimentos sentidos na terra que nos criou, Oeste (Santa Baia para os crentes) e que noutra nova entrada escribirei; mais desta vez seleccionei un anaquiño que no momento da súa lectura levoume a terras máis nórdicas:

SUMAI, A. (2005) Melodía de días usados, Galaxia, Vigo (Páxinas 33-34)
“SABOR DO DESEXO. Amo a alguén. É unha sorpresa incluso para min, pero agora teño que subir no autobús. Sentarei ao lado da ventá e soñarei todo o tempo con ese alguén que amo e que me ama. Modelareino á medida dos meus desexos, dareille forma ao seu alento, á súa respiración, en cada son pneumático da porta do bus ao abrir. Sentirei o seu corpo nas miñas mans como se o acariciasen dende sempre o meu cuspe saberame ao seu cuspe adozado co sabor do tabaco rubio, saberame á acidez das gotas de suor que a miña lingua atrapou nun lento percorrido polas pregas da pel máis agochadas do seu corpo. Agora desexo a alguén e podo facer que me ocupa as cavidades máis íntimas con só pechar os ollos. Estremezo. O desexo sepárame as dedas dos pés e faime doer doce o estómago. Pecho os ollos e sinto, pecho os ollos e sei que me senten.
Cando o bus aparca abóndame con que o corazón siga latexando desta maneira..."

pd. encántame o gatiño da portada