Mostrar mensagens com a etiqueta poema. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta poema. Mostrar todas as mensagens

sábado, 22 de dezembro de 2007

Composición

Decidín chamar a esta entrada Composición. Pretendía facer un poema cos ingredientes dos pelotazos (produto de Matutano) e resultou o que segue, que non sei moi ben que é:



Pelotas non só é un Estado que hai no Brasil


500 kilocalorías por cada 100 gramos

a miña é de 1.500


Produto de aperitivo forneado? con sabor a queixo:


sémola de millo (73%)

aceite vexetal (de coco ou de palma?, saturadas);

sucre

e sal;


aroma de queixo. Umm, que rico ule; formado por:

lactosa (de onde se extrae?),

substancias aromatizantes (cales?)

soro de leite en po: leite en po! leite en po!

queixo en po: viva o po! viva o po!

potenciadores do sabor: glucamato monosódico

inosinato

gualinato disódico.


Agora

os colorantes!

Preparadas listas xa:

extrato de pementón (permitido no cifras e letras?)

annato (que rima con glutamato e inositano)

tartracina

carmoisina

amarillo anaranjado S

e...

azul brillante FCF (iso non da gases?)


asijeriasudfuhasuasdfiuaseisinaisinaatoatoónicoónico!


terça-feira, 19 de junho de 2007

un poema con moita imaxe


Existe un lugar no mundo
onde hai casas
e escolas s novae vieja e bella;
e un circo nun monte de faias
con canse monos er e cabras
awiejriosjiejriejirjeijriejrijr que se colgan de cordas
awe cempés que van de pola en pola.


e muiñeiras simpáticas askeiwr que moen alalás
bruxas admiradas kseiorjieijrie e xitanas perfumadas
e capitáns ben nacidos
que din que non hai que pegar

e hai fíos que tecen tramas
de xerseis e de polainas
cos que danza filipa aos sons
de aprendices entrenzados
en encontros contemporáneos
baixo as nubes e o sol.


Nese lugar do mundo
existe un instrumento
sen púas que armen cilindros
slejri percutindo
nos ouvidos máis excelsos.
teclado serer cordas swere manubrio ere e roda
que nos fan seres felices

coa música da zanfona.



[para Oscar Fdez]



sábado, 12 de maio de 2007

sobre a paciencia (non é o título, tendo a non poñerllelo)


paciencia,
xa comezou o poema

San Tomé, culpable dos sete pecados capitais,
ideou como vencelos?
a rede di que a paciencia
é a inimiga da ira

non son amiga dos santos
de dogmas nin leis supremas
pero como insistiron tanto
aquí lles dedico máis verbas

E dixo Job:
dáme paciencia, señor.
reparte a que tes con aquelas que non aturan
os programas de televisión

a paciencia, brilla pola súa ausencia
neste mundo onde a xente
ten unha capacidade infinda para ser infeliz,
porque ninguén lles ensinou a desaprender
as cousas que non teñen sentido

a paciencia, nai da ciencia?
seu pai, o capital


paciencia

porque as persoas maduras
con ideas profundas
grazas a un obradoiro de poesía

comezan a pensar en galego

poesía social re-actualizada?


Pi pi po

Pi po po

Pi


Mónica acude a caja seis, por favor

Buenos días


Pi tomate en rama

Pi nata desnatada

Pi cenorias


pota cama comida
ventás facer fregar
as once corenta e nove
chegar mandil cortar


Pi patacas

Pi
allo

Pi
mazás


euros bolsas díxitos
xornada saldos contar
miña casa á noite tarde
a caixa facer pechar


PI vinte euros con catro;
catro
as cousas que levo

[está cara a vida]

Muchas gracias
Hasta luego


Pi po po

Pi po po

pi