Mostrar mensagens com a etiqueta anédota. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta anédota. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 18 de abril de 2008

Manías

Entro no 5 toda cargada e vexo nos asentos de diante un sitio libre. Ao lado había unha señora sentada na beira do asento case ocupando o libre con ademán de querer erguerse.

- Vai saír? - pregúntolle.

- No está libre, lo que pasa es que no aguanto los asientos calientes, ¿no sabes?

E continuaba sentada na beira do asento. Mirei para el pensando que igual lle dera moito o sol (raro no día de hoxe de fortes ventos e chuvias) e que a señora era especialmente sensible ao calor.

- Bueno, los de mi casa si que los aguanto -os asentos quentes, deducín- y los que dejan las chicas así jovencitas también. En esto me parezco a la difunta de mi madre que también no soportaba los asientos calientes....


Enseguida deixei de escoitar o que seguía dicindo a señora, polo alucine máis ben e nun milisegundo pensei, pobre señora, sabe dios que cousas lle meteron na cabeza de pequena, como aquelas de que se tocas un home quedas preñada ou mesmamente se te sentas nun sitio que ocupou el... Non sei, foi o primeiro que me veu á cabeza e logo pensei, vaia traballiño que debe levar a señoriña e logo pensei, vaia manías ten a xente (seguro que outras manías máis coñecidas non as ten) e finalmente decidín facer unha entrada no blog!


O Canal 24h de TVE gana ao Galicia Noticias

A noticia era acerca da polémica do Pazo de Meirás. Comentaban que os veciños non teñen unha posición clara; para demostralo, un clásico, os xornalistas vanlle preguntar:

Señora cos rulos postos, vermellos todos e non quedaba nin un pelo sen enrolar. Declaración á cámara:

"Yo... [prolongado, pausas semilongas entre as expresións]

si es mío

si es que es mío ....

[contundencia] no lo veo correto!"


Incríble!

sexta-feira, 4 de abril de 2008

Apreciacións II















Unha esquina da vila.


















Aquí tedes o que vos contaba, un mostrador de móbiles en plena rúa; a quen non lle entra a tentación de levalo con unha?

















A camareira do bar Osterport! Encantadora, séntase a falar contigo e a contarche, agárrache das mans. Moi cercana e cariñosa, (quen dicía que os do norte eran fríos?) mirade a foto, como te agarra. Ensinounos a dicir propina en inglés (imaxinádesvos aos nosos avoiños falando un perfecto inglés? a ver se Angelito Quintana lles da unhas clases) e non quería que lle deixáramos porque eramos estudantes e entende a nosa situación; explicounos que, en xeral, a xente non espera propina dos estudantes (que marabilla que siga a pasar por estudante!! varias veces me pasou!). Cervexa barata, céntrica e atención inigualable! Recomendado!

















Situación do bar cando estábamos alí. Non se escoitaba a "tragaperras".


















Dúas cervezas 22 coronas danesas, o que ven sendo: 1,5€ cada unha. E coa atención entrañable da camarera, jazz cando chegamos e inda que había unha panda de homes borrachos do país, estaba máis silencioso que o meu edificio pola noite.
















Restaurante Casa Blanca, ao lado do porto. Non podemos permitirnos os seus prezos (comida spanish, xa a como na casa).
















Onte tivemos soliño, que gusto me deu pasear polo lago Ostre Anleg. Aquí vimos en acción as palomas-pato!















Outra vista da vila.
















Un oco da vila.












Outra industrial. Por aquí pasamos para ir ao lago Ostre Anleg (non se escribe así, eh, pero non atopo os caracteres)
















Aquí haiche moita industria! Esta vai para Manolo, que se estivera aquí non dubidaría en sacarlle unha foto!



















Debe ser o "Hola" danés, nun cartaz xigante. Para Ana! (vaiche encantar a postal que che enviei!)












O anuncio dun taller de bicicletas. Que graciosos ian dous nenos hoxe nun carriño remolque a unha bici!



















Resulta que na academia de inglés á que asisto o protagonista da serie (exercicio de rol) está a ler este libro. Supoño que imaxe das protagonistas cambiaría notablemente en England ou Spain. É un dos poucos cartaces que se poden atopar pola rúa con cola.



















As rapazas teñen unha patiserí exquisita na súa rúa. Esta tarta estaba deliciosa e a pasteleira é encantadora. Uunmm. O pan do día está riquísimo tamén!

quinta-feira, 3 de abril de 2008

Studenterhuset


















Á dereita da foto a Studenterhuset.


Os mércores os erasmus de Aalborg reúnense na Studenterhuset, un local público que pertence á universidade e fan concertos, actividades e serve de congregación de xente de todas partes do mundo neste día. É a primeira vez que coñezo ese mundo desde dentro. Teñen un "book face" e alí entéranse de todo, excursións, festas...

O venres hai convocada unha, festa, claro. "See you on friday" era o máis repetido na despedida. O mércores para coñercerse, primeiras aproximacións e ver por onde van os tiros (un cadro xigante de home e muller nús de cintura para abaixo no local) e o venres bacanal, vamos, que "vas ao que vas" segundo me informan por aquí.

A salientar, en xeral, do encontro:

- estaba cheo de morenos, pouca exclusividade para as sureñas europeas (e vou falar en masculino porque o 80% eran varóns).

- a uniformidade no vestir respecto a Coruña -que é o que coñezo- (a globalización é o que ten, non só na festa, senon tamén pola rúa).

- tendencia a formar grupos homoxéneos segundo xénero.

Ricas anécdotas:

- pásame igual cando vou a congresos (é o que me acordo agora) e hai xente diversa: de repente estou nas súas terras, xeito barato de viaxar ( e sei quen ía disfrutar moito analizando todos e diferentes riscos faciais).

- vin a un tío cunha camiseta do bloque de Arzúa e fun sen pensalo a falar con el (pobre, asustouse todo) xa que teño familiares militantes e no goberno dalí. Regaláralla non sei quen, nada que ver coa familia. O caso é que por uns segundos esquecín que estaba nun lugar do norte de Dinamarca e falaba en galego cun rapaz de Santiago que fai un master de enxeñería industrial.

- tamén puxen a proba o meu inglés; hai que ver a fluidez que che da o alcol! (todo o contrario ao estado de urxencia no que me vin no aeroporto de Copenhague, que nin entendía, nin era capaz de enlazar ren neste idioma). E non vexades como lle dicía ao camareiro (estudante voluntario) "in Spain is more!" cando vin aqueles mililitros de wisqui no vaso. Non houbo maneira de convencelo.

- o máis surrealista foi cando falaba cun rapaz de San Diego en inglés e el en español (Nasas! tiven conversa con el grazas aos vosos datos e ao Seminario de Políticas Migratorias).


sexta-feira, 18 de janeiro de 2008

"A mi esa mujer no me inspira"

Ando estes días moi ocupados pensando en que nova entrada facer; pero xa unhas traballadoras do Sergas encargáronse de inspirarme.

Hoxe chamei ao meu centro de saúde para pedir cita para o dentista. Ao 4º intento (en varios días) cólleme unha señora e dime "un momentito": 5 min e porque cortei.

Esa muller tería a súa desculpa se tras a miña petición fora a facer a súa tarefa, pero alí ficou lercheando con outra traballadora do Sergas. Estaban a poñer podre a unha terceira muller.

Con un perfecto castelán de sra de Palmirez coruñesa comentaba a compañeira da que me colleu o teléfono:

"... esa mujer es muy sabichona, ¿no sabes?, es muy sabichona..., muy mala. No es nada discreta, a mi no me va. Aunque, bueno, a mi nada me hizo, pero no me inspira, esa mujer no me inspira. A mi nada me hizo..."

Non escribiría esta entrada se non fose pola "inspiración".