Mostrar mensagens com a etiqueta música. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta música. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 15 de agosto de 2008

Vai de música


Eu que levo a gravadora como estampación das viaxes pasadas, deime conta que a música tamén me serve para iso. Onte merquei un mp3 ao comprobar o maravilloso que ir escoitando Väsen mentres camiño polo paseo marítimo. Estreeino na viaxe en tren Coruña-Ferrol con La machine, alucinante mistura. Algunha música fai que o meu pasado veña ao presente, pero máis ben da vida cotiá, da infancia... Neste pequeno traxecto entereime que cando volva a escoitar La machine, recordarei esta viaxe brillante, mariñeira, gustosa.

Mais o motivo da entrada é falarvos dese "famoso grupo italiano" Fundación Tony Manero mentres escoito o disco ben fresquiño e vinílico de Eclectica Ensemble (Umm maravilla das perspectivas abertas).

Iso, que por fin vinos en directo e, sinxelamente, quería contarvos que me encantan. Directa a súa discografía ao rosa e novo mp3.

Por alí, no concerto, tamén estaban os Loretta Martin outro grupo que fai fanki (meu) que me gustan moito. Cando falo deles sempre engado á conversa que fan falta grupos así.




Vivan as mentes voadoras sen prexuizos localistas.

sexta-feira, 20 de junho de 2008

Entrada provisional. Pero se queredes ide respondendo: Quen son estes tres?


A) os irmáns ilexítimos de Amancio Ortega

B) investigadores de física cuántica da Universidade de Wisconsin
C) os compoñentes de Bonovo



terça-feira, 19 de junho de 2007

un poema con moita imaxe


Existe un lugar no mundo
onde hai casas
e escolas s novae vieja e bella;
e un circo nun monte de faias
con canse monos er e cabras
awiejriosjiejriejirjeijriejrijr que se colgan de cordas
awe cempés que van de pola en pola.


e muiñeiras simpáticas askeiwr que moen alalás
bruxas admiradas kseiorjieijrie e xitanas perfumadas
e capitáns ben nacidos
que din que non hai que pegar

e hai fíos que tecen tramas
de xerseis e de polainas
cos que danza filipa aos sons
de aprendices entrenzados
en encontros contemporáneos
baixo as nubes e o sol.


Nese lugar do mundo
existe un instrumento
sen púas que armen cilindros
slejri percutindo
nos ouvidos máis excelsos.
teclado serer cordas swere manubrio ere e roda
que nos fan seres felices

coa música da zanfona.



[para Oscar Fdez]



quarta-feira, 30 de maio de 2007

POESÍA + Música + Arte Plástica



O vindeiro 7 de xuño teredes a oportunidade
de volver a ver a nosa compañeira LÍA




escoitaremos os seus poemas acompañados e
integrados noutras artes: os sons de Manu Clavijo e as imaxes plásticas de Ángela e Ramiro.







Alí estará no Centro On (no Cantón pequeno)
ás 19.30!!