quarta-feira, 10 de setembro de 2008


CAGO

na Igrexia

no poder político

na sociedade de consumo e


no nacional-catolicismo!!!!

sexta-feira, 15 de agosto de 2008

Vai de música


Eu que levo a gravadora como estampación das viaxes pasadas, deime conta que a música tamén me serve para iso. Onte merquei un mp3 ao comprobar o maravilloso que ir escoitando Väsen mentres camiño polo paseo marítimo. Estreeino na viaxe en tren Coruña-Ferrol con La machine, alucinante mistura. Algunha música fai que o meu pasado veña ao presente, pero máis ben da vida cotiá, da infancia... Neste pequeno traxecto entereime que cando volva a escoitar La machine, recordarei esta viaxe brillante, mariñeira, gustosa.

Mais o motivo da entrada é falarvos dese "famoso grupo italiano" Fundación Tony Manero mentres escoito o disco ben fresquiño e vinílico de Eclectica Ensemble (Umm maravilla das perspectivas abertas).

Iso, que por fin vinos en directo e, sinxelamente, quería contarvos que me encantan. Directa a súa discografía ao rosa e novo mp3.

Por alí, no concerto, tamén estaban os Loretta Martin outro grupo que fai fanki (meu) que me gustan moito. Cando falo deles sempre engado á conversa que fan falta grupos así.




Vivan as mentes voadoras sen prexuizos localistas.

quarta-feira, 6 de agosto de 2008

Veráns coruñeses


Coma en todos os lados, "hai xente boa e xente mala". Din dos coruñeses ceteuves (coruñés de toda la vida) que son uns pijos e viven da apariencia; non nego que haxa unha tendencia xeral, pero eu, que levo 10 anos vivindo aquí, tiven a sorte de atoparme ceteuves do mellorciño e non farto de repetilo cada vez que escoito a funesta expresión sobre os cidadáns herculinos.

Eles ensináronme os sitios que vos vou mostrar máis abaixo; aquí, ao lado da Coruña hai paraísos deses que permiten que esquezamos todo e podamos gozar do monte, do mar, da natureza sen extenuar.

Novamente teño que pasar os meses de estío nesta cidade (pásamen aquí desapercibidos) e estas evasións fanme vivir verdadeiras tardes e días de verán.

Grazas a vos que me ensinades, acompañades e queredes.


Cala en Carnoedo. Sen normas e moitas minchas!!


Baixada á Cala en Carnoedo.


En Dexo. Moi pretiño da Marola: a tartaruga que vedes aí detrás!


Praia de San Pedro de Veigue.



terça-feira, 22 de julho de 2008

leite, xema e sucre


A entrada provisional vai quedar en definitiva polo momento; seguro que terei máis dunha ocasión en volver falar deste trío-cuarteto, que sí, efectivamente, son os compoñentes de Bonovo e que acaban de sacar un bonito disco.

Levo días querendo facer unha entrada; sei o que é pasar por un blog e ver que segue esa última composición durante días, meses... e ti que querías desconectar un anaco do traballo pasas polo blog e eu non dou chicha para entreter os segundos que te permites de vez en cando. E logo que se sumen novos lectores... e ti promentendolles telo actualizado e nada, que non me xurden ideas...

Ideas teño, pero teño que elaboralas, traballalas.... facelas entendibles pola comunidade cibernética o que me supón concentración, dedicación e nestes momentos píllame un pouco a desmán.

Co que estes días ando con este debate sobre que entrada facer... máis esta tarde, hoxe, que estou tirada na cama sen poder traballar nin ir á praia porque tiven un corte de dixestión (ei Rita!, fíxenche caso. Logo vos conto); pero deixoume cun pouquiño de enerxía para poder escribir estas cousiñas e recibir visitas.

Sí, visitas. Viñeron verme Rita e Mariola (novamente apareces) e xusto lles comentei o meu debate sobre o blog. Rita suxeriume que contara o que me pasara hoxe, o do corte de dixestión e a descoñecida causa do mesmo, ou das gaivotas símbolo do pepé e que hoxe tiveron que rescatar a unha cría do patio interior (para as que coñecedes a miña casa: interior do interior, claro). O caso é que marcharon coa miña promesa que ía recostar a pensar na composición a facer.

Na visita á cociña estaba a chave: nin Cristina Peri Rossi nin Ousmane Sembène nin Paula Carballeira (sabedes que son dada a poñer textos doutras): enriba da mesa, perfectamente preparada, entre pirámides de poboación de colombianos que chegan a Galicia no 2006 a RECEITA DE NATILLAS da miña tía. Aí vai:



1º) 6 xemas de ovo, ben separadas da clara (as próximas vounas facer co dobre que teño invitados moi larpeiros)

2º) por cada xema, 1 pocillo de leite dos pequeneiros.

3º) 3 culleradas rasas de sucre


Revolve a pouco lume, sempre remexendo. Para quecer o leite, pódeslle poñer un pouco máis de lume, pero logo báixamolo porque fanse a lume lento; sempre remexendo ata que empezan a espesar aos 10-15 min.


Compróbase sacando a culler e a veces se ves que empeza a "coller cousas brancas" é porque se corta e temos que apagar o lume. E se fai grumos pasámolas por un coador.

Déixanse enfriar e cando estean listas tapámolas (con eses prásticos transparentes) e metémolas na nevera.



Xa me contaredes!

sexta-feira, 20 de junho de 2008

Entrada provisional. Pero se queredes ide respondendo: Quen son estes tres?


A) os irmáns ilexítimos de Amancio Ortega

B) investigadores de física cuántica da Universidade de Wisconsin
C) os compoñentes de Bonovo



quarta-feira, 11 de junho de 2008

Cuestión de segregación


Non ía facer ningunha introducción; sinxelamente comezar só co texto da autora, suficientemente impactante. Pero á hora de escribir o título da entrada xurdiume a dúbida: "o texto válese por el só, pero con qué primeiras palabras invito a lelo?, de qué trata o texto?". De repente deime de conta que é a temática dunha das investigacións nas que me vou a aventurar: demostrar con datos estatísticos que no colexios galegos se está a producir unha selección da nenez e mocidade inmigrada. Unha cuestión de segregación.


"Había bloques de xudeos, bloques de católicos e bloques de negros. Nós tiñamos que manternos lonxe dos bloques dos negros, aínda que nunca nolo dixeran explicitamente. Simplemente nos amosaban como había que camiñar, por que rúas, e dicíannos onde non ir, a que rúas. As rúas polas que non debíamos de pasar só tiñan aquilo en común: caras negras, nenos negros. Todas as rúas dos xudeus e dos católicos encontrábanse na mesma área, alternativamente, nunca se mesturaban. Pera a min gustábame ir onde non debía e por iso adoitaba voltar á casa soa polas rúas dos católicos, porque ningúen podía recoñecerme con só mirar para min. (...) Entón, ao achegarme ao colexio, onde converxían nenos que viñan de todas as direccións, había uns bloques polos que todos tiñamos que pasar porque todos iamos ao mesmo sitio e era un feito que, independentemente de quen vivise alí, todos habiamos de rodealos ou atravesalos por cautos que fosemos.

(...)

... No colexio todos os nenos estamos xuntos, especialmetne os católicos polacos, os negros e os xudeos, pero despois do colexio non nos falabamos nin eramos amigos. (...). No colexio tiñamos que querernos os uns aos outros e xogar xuntos no recreo, pero nada máis, despois tiñamos que volver ao lugar de onde viñeramos. No noso bloque tiñamos que caernos ben xa fose así ou non, e non pasaba nada cando faciamos xogos colectivos percorrendo o noso bloque en toda a súa ampla extensión, pero ás veces cando eu só quería falar con alguén ou ver a alguén, a unha persoa que non era do noso bloque, senón alguén máis, algún católico polaco ou negro, entón non podía... porque non se podía, simplemente non estaba permitido."



Texto extraído das páxinas 33, 34 e 36 do libro de

DWORKIN, ANDREA (2001) Xeo e Lume. Edicións Xerais, Vigo.


Gracias Belén por prestarme o libro.

terça-feira, 13 de maio de 2008

Non á directiva da vergoña


O pasado 29 de abril fixo un ano que escribín a primeira entrada para este blog. Un experimento. Nin sequera sabía moi ben en que ía derivar e inda non reflexionei sobre o que é na súa esencia.

Teño a idea, pero non o tempo para facer unha entrada de aniversario. Co que estanse a presentar outras cuestións como a que vos deixo nesta nova entrada e que, se me permites Belén, vouche copiar o título e remitir ás miñas seguidoras ao teu blog para que, se queren, firmen ao final.

http://estudiosdeinmigracion.blogspot.com/2008/05/non-directiva-da-vergoa.html